Agora non podemos parar: a Radio Televisión galega consegue máis de 16.000 euros

A IV Semana coa Infancia da Compañía de Radio/Televisión de Galicia (CRTVG) conseguiu 16.258 euros para a loita contra a mortalidade infantil.

Na súa cuarta edición, do 17 ao 23 de novembro, os espectadores da Televisión de Galicia e os oíntes da Radio Galega conseguiron esta cantidade cos seus SMS e chamadas telefónicas.

 

Coincidindo co 25 aniversario daConvención sobre os Dereitos do Neno(CDN) e no marco da campaña de UNICEF Comité Español  Agora non podemos parar , a CRTVG ofreceu durante estes días unha programación centrada nosdereitos dos nenos, con especial fincapé na supervivencia infantil.

Cos fondos conseguidos, UNICEF poderá, por exemplo, proporcionar tratamento contra adesnutrición aguda grave a 13.548 nenos durante un día.

A maior parte das achegas producíronse no programa Luar, que, presentado por Xosé RGayoso e Lucía Regueiro, desenvolveu unha edición especial con información, entrevistas, chamamentos á colaboración e a participación de rostros coñecidos como os ex-ciclistas Álvaro Pino e Óscar Pereiro, os ex xogadores de baloncesto Fernando Romay e 
Juan Manuel López Iturriaga (Amigo de UNICEF Comité Español), a presentadora Paula Vázquez, o músico Carlos Núñez e os actores Manuel ManquiñaXosé Barato,Miguel Ángel Blanco e Antonio Garrido.

O veterano espazo dos venres pola noite na TVG logrou un total de 15.217 euros.
 
 

QUe PoDES SEGUIR fACENDO PARA FREAR A MORTALIDADe INFANTIL?

Para seguir contribuíndo ao traballo de UNICEF contra a mortalidade infantil podes:

  • Facer unha doazón online
  • Enviar un SMS coa palabra AXUDA ao28028 *: 1,20 euros íntegros para UNICEF. Con esta cantidade pódese vacinar un neno contra varias enfermidades mortais, ou custear o tratamento contra a desnutrición para un neno durante un día.
  • Facer un donativo por teléfono no 905 446 028
  • Sumarte á nosa comunidade de optimistas e convencer aos teus os teus amigos e coñecidos de que estamos máis preto que nunca de rematar coa mortalidade infantil. Podes descargarche o nosokit desuperviviencia e axudarnos a difundir a mensaxe nas túas redes sociais.

*IMPORTE DO SERVICIO DE SMS 1,20€ ÍNTEGRO PARA UNICEF. Válido para Movistar, Vodafone, Orange, Yoigo e Euskaltel. Número sen fins comerciais. Operado por UNICEF. N.atn.clte: 902228028, sms@unicef.es. Información legal e protección de datos: www.unicef.es