Agora NON podemos parar:"Pinto para poñer o meu granito e mellorar a vida dos nenos"
Emilio Zaldivar é artista e profesor de Belas Artes na Universidade Complutense de Madrid, ademais de socio de UNICEF dende hai anos. A súa especialidade é a pintura: paisaxes, abstraccións e sobre todo os retratos cheos de colorido. Como o que fixo de Iridé, o neno de Burundi que protagoniza a nosa campaña Agora NON podemos parar contra a mortalidade infantil.
"Recibín o boletín coa información sobre a campaña, arrepioume descubrir que 17.000 nenos menores de 5 anos morren cada día e impresionoume coñecer o doado que sería evitalo, explícanos Emilio. "Cando vin o rostro de Iridé e a dignidade da súa mirada a pesar de vivir unha situación tan difícil souben que tiña que facer algo para colaborar", engade.
"Eu sei pintar, así que pensei que sería a mellor forma de axudar. Achegar os meus coñecementos e experiencia á causa. Ocorréuseme organizar unha poxa e destinar o recadado á loita contra a mortalidade infantil de UNICEF" "para poñer o meu granito de area", cóntanos.
Podes participar na poxa e puxar polo cadro de Emilio para axudarnos a seguir salvando vidas.
Me axudas?: todo o que necesitas é a axuda dos teus amigos
Emilio utilizou a plataforma Me axudas? para levar a cabo a súa iniciativa solidaria. Se ti tamén es unha persoa solidaria, que che importa a infancia e sempre pensaches en como poder cambiar o mundo... En Me axudas? tes unha plataforma de crowdfunding que che permitirá mover a túa causa para conseguir fondos que axudarán a cambiar a vida de moitos nenos e nenas.