Ana Duato visita os proxectos de UNICEF en Haití

"Fíxose un traballo enorme, é complexo pero avánzase e os haitianos non se renden", dixo a Embaixadora de UNICEF España.

Ana Duato, Embaixadora de UNICEF España, volveu a Haití en abril de 2011, quince meses despois do terremoto. Este foi a súa segunda viaxe ao país caribeño, despois de que na primavera de 2010 coñecese a situación e o traballo deUNICEF na emerxencia. A súa primeira impresión foi de volta á rutina: "O ano pasado parecíame que a xente vagaba sen rumbo fixo, agora van a algunha parte, hai menos entullos e as montañas de lixo reducíronse moito", dixo. Tras comprobar os resultados do traballo subliñou que "se fixo un traballo enorme, é unha situación moi complexa, pero avánzase e os haitianos non se renden. Como se di en creol, kembela Ayiti, que significa"segue loitando, Haití,".

Nestes días coñeceu a Nouselline Populaire, unha nena de 13 anos que, despois do terremoto, se encontrou soa nun hospital en estado de shock postraumático. Nouselline non puido recordar datos sobre a súa vida e a súa familia ata que, pasados catro meses, foi localizada por Heartland Alliance, ONG que traballa con UNICEF en Haití e que está especializada nos procesos de reunificación familiar, tan complexos como reflicte a historia desta nena. Debido á gravidade das súas feridas, Nouselline perdeu unha perna. Unha vez localizada, os expertos conseguiron que comezase a recordar detalles: non sabía como se chamaba, pero si onde vivía a súa nai; despois recordou o apelido familiar e algúns datos que apuntaban a unha zona enLeogane. Tras un traballo propio dun detective, os traballadores encontran nesa zona de Leogane a unha muller que dicía ter perdido unha das súas fillas en Porto Príncipe. Cando lle ensinaron a foto de Nousseline entre unha batería doutros retratos similares, a muller elixiu o de Nousseline e botouse a chorar.
 
[]Entón organizouse unha visita da nai e do seu fillo maior ao hospital, onde colocaron a Nousselinenunha fila con outras nenas. Cando a nai e o irmán entraron no cuarto, a nena recoñeceunos e produciuse o emotivo reencontro. Agora Nouselline vive co seu irmán, asiste á escola por primeira vez na súa vida e todos os meses recibe a visita dun traballador social
 
Areunificación familiar é unha dasprioridades do traballo de UNICEF Haití na área de Protección Infantil. Grazas a este traballo, en colaboración con outras organizacións, ata o momento conseguiuse que 1.400 nenos que estaban sós se reunisen cos seus familiares.
 
 
Nouselline é unha das moitas nenas queAna Duato coñece nestes días en Haití, onde visita o traballo de UNICEF,focalizado en programas de saúde, nutrición, educación, protección infantil e auga e saneamento.Ana Duato tamén coñece nesta viaxe algúns dos proxectos da Axencia Española de Cooperación Internacional (AECID) no país caribeño que en xaneiro de 2010 quedou asolado por un terremoto de efectos desvastadores.  
 
 
98.000 persoas en España contribuiron en 2010 ao traballo de UNICEF para a recuperación de Haití  
Doadores públicos e privados envorcáronse en España con Haití. 98.000 persoas, empresas e outras entidades privadas, caixas de aforros e Administracións autonómicas e locais achegaron 11,9 millóns de euros en 2010 ao traballo do Fondo de Nacións Unidas para a Infancia, UNICEF, para paliar os efectos da emerxencia sobre a poboación e para a recuperación do país caribeño. As 98.000 doazóns privadas supuxeron máis de dez millóns de euros e, por parte de Administracións autonómicas, concellos e caixas de aforros, UNICEFrecibiu máis de 1,8 millóns de euros para os seus programas en Haití. A estas achegas sumáronse dez millóns de euros que o Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación destinou aos programas deUNICEF para cubrir as necesidades da infancia en Haití e para abordar unha recuperación a longo prazo que garanta o acceso dos nenos haitianos a dereitos tan básicos como a supervivencia, a saúde, a educación e a protección.