Angola: espazos protectores para os nenos
Tras o fin da guerra, o VIH/SIDA converteuse nunha das principais causas de orfandade e vulnerabilidade da infancia en Angola. Como resposta ao alarmante aumento das cifras de familias vulnerables con menores ao seu cargo debido ao VIH, UNICEF e os seus aliados marcáronse o obxectivo de potenciar a creación de espazos protectores para os nenos orfos e vulnerables a causa do VIH/SIDA.
Nunha primeira fase,o proxecto desenvolveuse en tres provincias, Moxico, Luanda e Cunene, co obxectivo de poder replicar a estratexia a nivel nacional nos próximos anos. O compromiso mostrado polo Goberno de Angola e otraballo conxunto e coordinado cos actores locais, serán os piares fundamentais para que o país adopte unha política de acción social eficaz e de protección dos dereitos da infancia.Unha das principais estratexias que se están a desenvolver é apoiar as familias de acollida ou extensas que teñen o seu cargo a estes menores. As accións centráronse en familias que coidan de nenos e nenas vulnerables a causa do VIH/SIDA. Parte destas familiasregresaron a Angola despois do conflito e perderon as súas redes de apoio no país. O proxecto serviu parareforzar as súas capacidades de creación de espazos seguros para os nenos ao seu cargo.
as familias, protagonistas do proxecto
O esquema de apoio ás familias adaptouse a cada situación. As familias non só son beneficiarias senón tamén participantes activas na posta en práctica do proxecto. Os obxectivos marcados conseguíronse a través de accións integrais en materia de xeración de ingresos, acceso á saúde, á educación, formación e empoderamiento. Grazas á achega do Concello de Córdoba e outros aliados,este proxecto está a contribuír a que 1.074 familias estean a comezar unha nova vida de forma sostible e autosuficiente.