Anthony Lake: "Para salvar todas as vidas posibles, necesitamos todo o apoio que poidamos conseguir"

Declaración do Director Executivo de UNICEF para a Conferencia de Doadores para o Corno de África da Unión Áfricana

Nas emerxencias sempre son os nenos - os máis vulnerables -os primeiros que sofren e os que máis sofren. En ningún sitio se ve mellor que no Corno de África, onde os riscos de desastres humanos se converten en catástrofes humanas. A situación é máis grave enSomalia e nos campos de refuxiados de Kenya eEtiopía, pero vai moito máis alá, chega ás comunidades de pastores de toda a rexión, ameazando a familias e comunidades enteiras. Esta é unha crise de nenos. Na actualidade,4,14 millóns de nenos necesitan asistencia urxente. En Somalia, Etiopía e Kenya, decenas de miles de persoas xa morreron e hai máis de 300.000 nenos con desnutrición aguda severa en situación de risco inminente de morte. Estes nenos xa se encontran entre os máis desfavorecidos do mundo, e cada día vólvense máis vulnerables. Prívaselles de case todas as necesidades humanas e todos os dereitos fundamentais.

UNICEF está a responder de diferentes maneiras, xunto coa nosa axencias irmás de Nacións Unidas e outros aliados. Creamos centos de centros e programas de nutrición en Somalia,chegamos a máis de catro millóns de persoas con auga e saneamento na rexión, planificamos programas de vacinación contra o sarampelo para máis de dez millóns de nenos na rexión. Non obstante, estes esforzos non son suficientes.A crise aínda non tocou teito xa que non haberá colleitas importantes o resto do ano. O desastre vai empeorar. Para salvar todas as vidas posibles, necesitamos todo o apoio que poidamos conseguir. Estimamos que as necesidades totais de UNICEF para a resposta á emerxencia son máis de 360 millóns de dólares ata finais de 2011. A pesar das importantes contribucións de moitos gobernos e doadores privados a través dos nosos comités nacionais,UNICEF enfróntase a un déficit de máis de 120 millóns. Debemos pechar esa brecha.  
 
A nosa resposta estará dirixida a alcanzar primeiro os que teñen as necesidades máis inmediatas e están en maior risco, pero tamén imos ampliar as operacións para levar asistencia preventiva ás zonas afectadas pola seca e a fame. E a resposta tamén debe ser flexible - a aplicación dunha serie de métodos en diferentes circunstancias e a adaptación ás condicións e necesidades locais. A única área na que debemos ser inflexibles é na urxencia de actuar, e actuar agora - tanto para atender as necesidades inmediatas coma para aumentar a capacidade de resistencia no futuro. Polo tanto, en nome de UNICEF, agradézolles a todos a súa axuda actual e o seu apoio no futuro. Por favor acepten os meus mellores desexos para unha reunión produtiva.