Anthony Lake: "A resposta humanitaria global debe ser inmediata"
Intervención do Director Executivo de UNICEF, na reunión celebrada en Roma sobre a crise do Corno de ÁfricaEsta é unha fame que afecta aos nenos. A magnitude do sufrimento e das perdas é enorme. As estremecedoras imaxes que estamos a ver do Corno de África e os datos desta emerxencia falan por si sós.
Actualmente,máis de medio millón de nenos está enrisco inminente de morte debido á desnutrición aguda. En Somalia, Etiopía eKenya, estímase que 2,3 millóns de nenos sofren desnutrición aguda. Eles xa estaban entre os nenos máis vulnerables do mundo, vivindo ao bordo do precipicio e sendo máis vulnerables cada día, privados virtualmente de cada necesidade humana e de cada dereito fundamental. E este é un dobre desastre. A situación é máis terrible en Somalia e nos campamentos de refuxiados en Kenya eEtiopía, pero esténdese máis alá, ata chegar ás comunidades agrícolas da rexión, ameazando ás súas xentes e os seus estilos de vida. A fame non é cousa só de alimentos. Senón sobreelección e obriga.
A comunidade global non elixiu a súa resposta, polo que non hai opción ante esta sobrecolledora emerxencia.Para salvar vidas, a resposta humanitaria globaldebe ser inmediata. Estimamos que UNICEF necesita para a resposta a esta emerxencia aproximadamente 300 millóns de dólares (208,75 millóns de euros) ata finais de 2011. A pesar das significativas contribucións realizadas por moitos gobernos e doadores privados a través dos nosos Comités Nacionais,UNICEF aínda ten un déficit de200 millóns de dólares (139,15 millóns de euros)para apoiar os nenos e as súasfamilias. Debemos pechar esa brecha. A resposta tamén debe estar segmentada, para alcanzar primeiro a aqueles que máis o necesitan de xeito inmediato e que están en maior risco, pero tamén intensificando as operacións ata chegar aos que viven nas zonas afectadas pola fame e a seca para apoialos de xeito preventivo.
E aresposta debe ser flexible, aplicando diferentes modalidades a cada circunstancia e adaptar a nosa resposta ás condicións e necesidades locais. No que único no que non deberiamos ser flexibles é na urxencia de actuar e de facelo agora para suplir as necesidades máis inmediatas e para axudarlles a ser máis resistentes no futuro. Ante as condicións que rexurdiron nesta crise e que é probable que continúen, e para axudar aos nenos e as súas familias do Corno de África para que poidan facer fronte a elas.UNICEF aprecia enormemente a xenerosidade da comunidade internacional. Esas contribucións xa están a salvar vidas. Hoxe, temos a posibilidade de facer aínda máis.
Cada día que pasa supón a diferenza entre a vida e a morte, a grande escala. Pero tamén no lado máis humano: nunha fame que afecta a millóns de persoas, cada vida conta. E nós contamos con cada un de vós.
En nome deUNICEF douvos as grazas e deséxovos unha conferencia exitosa.