AntiVIHrus: Apoia a loita contra o VIH/SIDA!

As empresas Norton, Tempo BBDO e Psycle puxeron en marcha a iniciativa solidaria AntiVIHrus, a favor de UNICEF España, co dobre obxectivo de sensibilizar sobre a problemática dos nenos afectados polo VIH/SIDA e de captar fondos para os programas de UNICEF na loita contra o VIH/SIDA.

O VIH/SIDA repercutiu notablemente na vida dos nenos, que aínda sendo o grupo de poboación máis vulnerable foi tamén o máis esquecido. Calcúlase que viven co VIH/SIDA 3,4 millóns de nenos menores de 15 anos máis do 90% deles en África Subsahariana, e máis de17 millóns perderon un ou ambos os dous proxenitores a causa desta pandemia. O traballo de UNICEFna loita contra o VIH/SIDA céntrase naprevención da transmisión do VIH de nais a fillos, a atención pediátrica, a protección aos orfos e nenos afectados, e a promoción de hábitos preventivos entre os mozos.

 
Dende a páxina web www.antivihrus.org,o usuario pode descargar unha versión de dous meses do programa antivirus Norton360 a cambio dunha doazón de 1,20 euros. Todos os fondos conseguidos con esta iniciativa se destinarán ao traballo de UNICEF na protección dos nenos fronte ao VIH/SIDA en todo o mundo.
 
En www.antivihrus.orgcreouse tamén un centro de información onde o usuario poderá acceder a toda a información sobre o impacto doVIH/SIDA na infancia, vídeos sobre a campaña e un mapa que permitirá seguir o número de descargas totais en todo o mundo. Dende a mesma web, os usuarios poderán compartir información sobre AntiVIHrus con todos os seus contactos, recomendar a descarga aos seus amigos e difundir de xeito activo información sobre esta enfermidade que, en moitas ocasións, pasa desapercibida para a opinión pública.  

CoMO DESCARGAR ANTIVIHRUS

  1. Accede a www.antivihrus.org
  2. Pulsa o botón"Descargar por 1,20 €" e descárgache unha versión de 2 meses de Norton 360 para instalar no teu PC.
  3. Difunde a mensaxe a través das túas redes sociais  

‘UNIDOS POlA INFANCIA. UNIDOS CONTRA a SIDA’

En 2005,UNICEF puxo en marcha a campaña globalUnidos pola Infancia. Unidos contra a SIDA, que se leva a cabo en máis de 150 países e territorios en desenvolvemento. Esta campaña céntrase en catro esferas principais, denominadas as "Catro P":  
  • Previr a transmisión doVIH/SIDA de nai a fillo.  
  • Proporcionar un tratamento pediátrico aos nenos.
  • Previr a infección entre adolescentes e mozos.
  • Protexer e apoiar os nenos afectados poloVIH/SIDA.  
Ademais, lévanse a cabo outras accións como o apoio aos nenos afectados poloVIH/SIDA en situacións de emerxencia.