Aparecen casos de polio en Sirya por primeira vez dende 1999

O director executivo de UNICEF, Anthony Lake, acaba de visitar Sirya durante dous días nos que mantivo reunións con altos representantes sirios e con organizacións que traballan con UNICEF para prestar asistencia a nenos e familias que sofren as consecuencias da guerra.

Tras soster varios encontros 'formais e alentadores', os altos representantes sirios e o director executivo de UNICEF coincidiron na importancia de facer chegar vacinas vitais -incluíndo vacinas contra a polio-, a centos de miles de nenos que se encontran nalgunhas das zonas máis afectadas pola desvastadora guerra.

 
A necesidade de vacinar a todos os nenosde forma rápida e sen obstáculos foi o tema principal das reunións entre Lake e o primeiro ministro sirio, Wael Al Halqi; e os viceministros de Asuntos Exteriores Faisal Miqdad e Hosam EddinA'ala.

"A vacinación de nenos non ten na súa natureza carácter político e non ten ningunha consideración militar", dixo Lake. "Están a empezar a aparecer casos de poliomieliteen Sirya por primeira vez dende 1999, polo que éurxente e crítico, non só para Sirya senón para todo o mundo, chegar a todos os nenos con vacinas contra a polio e outras vacinas," engadiu.

Nunha reunión con voluntarios da Media Lúa Vermella Árabe Sirya(SARC, polas súas siglas en inglés).Lake expresou, en nome de UNICEF, a súa admiración polo traballo que realizan, a súa valentía e os sacrificios que fixeron por esta causa.

UNICEF traballa coa Media Lúa Vermella Árabe Sirya e con outras organizacións sirias para chegar aos máis de 500.000 nenos que non puideron ser vacinados polo conflito nalgunhas das zonas máis inaccesibles do país.