Apoia a unha xeración enteira de nenos sirios

UNICEF, ACNUR, Save the Children, World Vision e outras organizacións pediron a gobernos, organismos humanitarios e ao público en xeral que se convertan en defensores dos nenos de Sirya para evitar que se perda unha xeración.
Para iso é necesario construír oportunidades dunfuturo máis estable e seguro para os afectados polo conflito sirio.

As organizacións están a tratar de que o apoio público e dos doadores se centre enprogramas esenciais de educación e protección para sacar os nenos sirios do sufrimento, o illamento e o trauma.

Tamén se lanza unha campaña de mobilización a través de redes sociais co hashtag #niñosdeSiria, para reunir persoas comprometidas e colaboradores públicos.
 

os nenos de Sirya necesitan todo o apoio

"A medida que o conflito se achega a outro doloroso aniversario, non podemos quedarnos sentados e ver como desaparece toda unha xeración diante de nós", dixo o director executivo deUNICEF, Anthony Lake. "Chegou a hora dos campións dos nenos de Sirya, a hora de que o mundo dea un paso á fronte e proporcione a estes nenos novas esperanzas e confianza no seu futuro,".


"Se lles fallamos a estes nenos agora, toda unha rexión perderá unha xeración de potenciais líderes, mestres, enxeñeiros, médicos e, sobre todo, construtores da paz, dos que depende a esperanza dunha sociedade estable, próspera e saudable".

 

Máis dun millón de nenos sirios refuxiados

Durante case tres anos, os nenos de Sirya foron as vítimas máis vulnerables do conflito, xa que tiveron que ver como morrían as súas familias e seres queridos, se destruían as súas escolas e se minaban as súas esperanzas. Sufriron lesións físicas, psicolóxicas ou ambas as dúas. Os nenos son tamén cada vez máis vulnerables ás peores formas de explotación, como o traballo infantil, o recrutamento en grupos armados, o matrimonio precoz e outras formas de violencia por motivos de xénero.

Máis dun millón de todos os refuxiados sirios son nenos, dos que máis de 425.000 son menores de 5 anos. A gran maioría destes refuxiados fuxiu a Líbano, Xordania, Turquía, Exipto ou Iraq e calcúlase que preto de5.000 nenos quedaron separados das súas familias. Dentro de Sirya hai máis de 3 millóns de nenos desprazados e a súa situación é aínda máis grave.
 

Educación e protección para os nenos de Sirya

As organizacións centrarán os esforzos en poñer en marcha programas para ofrecer educación sen riscos; protección contra a explotación, o abuso e a violencia; e apoio psicolóxico. Así mesmo, ampliarán as oportunidades para a cohesión social e a estabilidade nunha rexión xa inestable.

"Os nenos de Sirya teñen tido que soportar diariamente uns horrores e sufrimentos que soamente podemos imaxinar, e os seus sonos de futuro están a punto de esborrallarse", dixo Lake. "Evitar a perda dunha xeración requirirá máis apoio, maiores compromisos e máis audaces, e unha renovada solidariedade para que os nenos non só sobrevivan a este conflito, senón que saian deste coa súa esperanza nun futuro mellor intacta".

Creouse o sitio web específico www.championthechildrenofsyria.org para contar as historias dos nenos afectados polo conflito, e mostrar como o investimento nos nenos pode supoñer resultados importantes non só para as vítimas actuais da guerra, senón para ofuturo a longo prazo de Sirya e da rexión en xeral.