Apoio ás familias sirias ante a chegada do frío
A chegada do inverno é unha gran preocupación para os refuxiados sirios en Xordania, especialmente para as familias que teñen nenos acabados de nacer. As temperaturas nos meses de inverno poden descender por debaixo dos 15 °C.
UNICEF acelera os plans destinados á preparación de tendas de campaña para o inverno e a instalación no campamento de quentadores, cociñas cubertas e duchas quentes. Tamén proporcionará mantas e roupa de abrigo para asegurarse de que os máis novos e os máis vulnerables poidan facer fronte ás condicións invernaisque se achegan rapidamente.
UN DOS REFUxIADOS SIRIOS MÁS novo Do CAMPAMENTO
Fatma e o seu marido Moncef fuxiron xunto aos seus seis fillos da violencia en Sirya e encontraron refuxio no campamentoZa'atari, ao norte de Xordania. Durante a dura viaxe, Fatmaestaba embarazada de nove meses. Aos poucos días de chegar ao campamento deu a luz nunha das súas clínicas. Agora o bebé ten 8 semanas e é un dos refuxiados sirios máis novos no campamento.Pensei que se abandonaba Sirya, polo menos podería vivir sen pensar no horror e o medo que vivimos todos os días na casa, mañá, tarde e noite. Non sabiamos cando empezarían os bombardeos. Díxenme que se fuxiamos podería vivir finalmente en paz".
UNICEF apoia os nenos no campamento de Za´atari
Como lles aconteceu a moitas familias con nenos pequenos, o fino po do deserto afecta aos bebés, que encontran dificultades para respirar durante as tormentas de area. O recén nacido de Fatma e Moncef xa recibiu as vacinas. Nas próximas semanas, os equipos de UNICEFsupervisarán o peso e o crecemento do neno en busca de síntomas de desnutrición. "Son unha nai, e non podo imaxinar o que sería dar a luz nun lugar como este", di Dominique Hyde, Representante de UNICEF en Xordania. "UNICEF hai todo o posible para axudar a estas familias, mediante o subministracións de vacinas, alimentación e asistencia básica".
3.000 nenos van a escola en Za'atari
Preto de3.000 estudantes están matriculados na escola deZa'atari, que funciona en dúas quendas: as nenas asisten pola mañá e os nenos pola tarde.UNICEF e os seus aliados traballan actualmente para ampliar a escola co fin de dar cabida a5.000 nenos. Para os nenos da familia en idade escolar, regresar a clases no novo campamento axúdalles a recuperar certo sentido de normalidade.Mentres espera a súa quenda para ir a escola, Mohammed, 10 anos, goza xogando cos seus amigos nun Espazo Amigo da Infancia de UNICEF, preto da tenda de campaña da familia.Mohammed di que cando xoga todo son risas. Soña co día en que poida volver á casa e ver os seus amigos, pero sobre todo ás súas dúas avoas. "Cando regrese a Sirya, vou ir a ver como está a miña casa. Logo vou ir a ver a miña avoa Sua'ad e a miña avoa Hamda, que quedou ferida cando dous mísiles destruíron a súa cociña," afirma.