'Atrapa un millón' únese a Cumpledías

O programa de Antena 3 Televisión Atrapa un millón únese a UNICEF na loita contra a desnutrición infantil a través de Cumpledías. Esta campaña pon o foco sobre a idea de que a desnutrición coloca os nenos nunha situación tan precaria de supervivencia que cumprir días é un logro e un reto ao mesmo tempo. A iniciativa ten como obxectivo asegurar a supervivencia infantil, que os nenos cumpran anos e poidan desenvolver plenamente todo o seu potencial.  

Atrapa un millón dedicará hoxe un programa especial a Cumpledías.O condutor do programa, Carlos Sobera, e os concursantes, Josema Yuste e Berta Collado, que nesta ocasión uniron as súas forzas a UNICEF, farán chamadas á acción para que os seguidores do programa se sumen á campaña Cumpledías. Os fondos obtidos con esta campaña destínanse aos programas de UNICEF na área de supervivencia infantilen todo o mundo. Calquera persoa pode participar na campaña a través da web, onde se propoñen accións de difusión e opcións de doazón; ou enviando un SMS coa palabra UNICEF ao 28028.Cada 1,20 euros doado equivale a un día de tratamento para un neno da desnturición aguda grave, (o tratamento completo dura entre 4 e 6 semanas).  

A IMPORTANCIA DA LoitA CONTRA A DESNUTRICIÓN

Case 20 millóns de nenos menores de cinco anos padecen desnutrición aguda grave, o que os pode colocar en risco de morte se non reciben atención. Este tipo de desnutrición pódese tratar con leite ou alimento terapéutico. Ademais, uns 180 millóns de nenos menores de cinco anos en todo o mundo sofren desnutrición crónica. Se se produce nas primeiras etapas pode provocar un atraso no crecemento do neno, e o dano físico e cognitivo que causa é irreversible. A desnutrición crónica pódese previr con medidas sinxelas como a lactación materna ou promoción de habitos de hixiene, entre outros.  

ANTENA 3 e CUMPLEDÍAS

Antena 3 é un aliado de UNICEF e este anoenvorcouse na loita contra ao desnutrición infantil a través desta campaña. Ademais de emitir o anuncio da campaña e incluír contidos relacionadas coa desnutrición, que se relaciona cun terzo das mortes infantís de menores de cinco anos, os programas estrela da cadea farán chamamentos e colaborarán coa captación de fondos para esta causa. Este ano Antena 3 asinou un acordo de colaboración para desenvolver iniciativas enfocadas á infancia e facilitar á cidadanía argumentos e ferramentas de participación que contribúan a mellorar as condicións de vida da infancia máis vulnerable e as súas familias.