Auga e saneamento en Níxer co apoio da Fundación Pedro Navalpotro
Preto de 1.000 nenos
morren todos os días por mor de enfermidades
diarreicas asociadas con auga potable
contaminada, saneamento deficiente ou malas prácticas de
hixiene.
Desde UNICEF traballamos en máis
de 100 países para mellorar o abastecemento deauga e as instalacións desaneamento nas escolas, os centros de saúde e as
comunidades, e para promover prácticas de hixieneseguras.
A Fundación Pedro Navalpotro está a
apoiar o noso programa de auga, saneamento e
hixiene en Níxer cuns 7.000
euros.
Níxer é un dos países menos
desenvolvidos do mundo e a falta de recursos condena á maior parte
da poboación a unha vida sen oportunidades e marcada pola loita
pola supervivencia.
Os fondos servirán para construírinstalacións de saneamento enescolas de educación primaria e centros de
saúde deste país africano. Ademais, traballarase na
promoción de boas prácticas de hixiene a través do
programa de Saneamento Total Liderado pola Comunidade.
A Fundación Pedro Navalpotro
colabora desde 2012 co financiamento de programas de auga e
saneamento que desenvolvemos en Guinea-Bissau e desde este ano en
Níxer.