Auga e saneamento nas escolas de Guinea Bissau
O acceso a auga potable e a unha axeitada información sobre prácticas de hixiene protexe a saúde dos estudantes e anímaos a asistir á escola, especialmente no caso das nenas.
En 60 países en desenvolvemento, máis da metade das escolas de educación primaria non teñen acceso a auga potable e case dous terzos carecen de latrinas e instalacións de rede de sumidoiros axeitada. UNICEF promove proxectos de auga, saneamento e hixiene en escolas de todo o mundo.
A Xunta de Galicia apoiou en 2012, con 60.000 euros, un proxecto de auga e saneamento de UNICEF na rexión de Tombali, sur de Guinea-Bissau.
O obxectivo do proxecto Acceso a auga potable, instalacións de saneamento e promoción da hixiene en 5 escolas deCatio, na rexión de Tombali, Guinea Bissau, é reducir as enfermidadese a taxa de mortalidade infantil relacionada co acceso e a calidade da auga, mediante a instalación de equipos de auga e saneamento de baixo custo e a promoción da hixiene na escola. En Guinea-Bissau, as taxas de mortalidade infantil de nenos menores de cinco anos son moi elevadas. As principais causas están relacionadas co acceso á auga potable, como a malaria, a diarrea e asinfeccións agudas das vías respiratorias. Case un ano despois do inicio do proxecto, mellorouse o acceso á auga potable e saneamento de máis de 1.000 nenos nas cinco escolas. Así mesmo, a formación en hixiene aos alumnos e a nivel comunitario permitiu que os máis pequenos poidan aplicar os coñecementos tanto nas súas escolas coma nos seus fogares, mellorando notablemente a súa asúde.