Avances para evitar o recrutamento de nenos en conflitos armados
Cinco países asinaron en Nova York os Compromisos de París, un acordo internacional para evitar o recrutamento infantil en conflitos armados. Co apoio de Armenia, Angola, Bosnia e Herzegovina, Costa Rica e San Marino xa son 100 os estados comprometidos co fin desta práctica.
A firma dosCompromisos de París, aprobado en 2007, implica que os países se comprometen a facer todo o posible paraevitar que os nenos sexan forzados a participar nun conflito armado, así como para apoiar a súaliberación e colaborar coa súareintegración na vida civil. "Os nenos nunca se verían envolvidos en conflitos armados sen a covardía dos adultos" asegurou o Embaixador de Dereitos Humanos de Francia, François Zimeray, cuxo país organizaba o evento de forma conxunta con UNICEF. O Embaixador reiterou o apoio de Francia a esta causa, pero tamén quixo destacar o alto número de países que aínda ignoran os principios internacionais respecto aos nenos e os conflitos armados.UNICEF calcula que algo máis de1.000 millóns de nenos viven en territorios afectados por conflitos armados, e que, deles, uns 300 millóns son menores de 5 anos.
Os nenos convertidos en soldados son recrutados á forza ou secuestrados. Nacións Unidas estima que na actualidade hai máis de 250.000 nenos vinculados a forzas ou grupos armados.
En 2010, UNICEF e os seus aliados, conseguiron a reinserción de 28.000 nenos afectados por conflitos armados e 11.400 nenos e nenas asociados con forzas ou grupos armados.Grace Akallo, secuestrada en 1996 para formar parte do grupo armado, o Exército de Resistencia do Señor en Uganda, e asociada actualmente á Rede de Mozos Afectados pola Guerra, pediu aos países que fixesen todo o que fora posible para protexer os nenos. "Se nós non lles protexemos, como imos presentarnos ante eles como líderes, amigos, e explicar as inxustizas cometidas con eles".