AXA apoia a UNICEF para asegurar o futuro de miles de nenos

UNICEF España e o Grupo AXA asinaron un convenio en virtude do cal se puxo en marcha o seguro Vida Solidario pro UNICEF, a favor dos programas de cooperación e emerxencias da organización en máis de 150 países e territorios en desenvolvemento.
 
O cliente que contrata o seguro Vida Solidario pro UNICEF só ten que elixir o capital asegurado que quere que UNICEF reciba en caso de falecemento, e pagar a prima correspondente (dende 18 euros) en función da súa idade e do propio capital que elixise.

Así mesmo, e co obxectivo de que potenciar o aspecto solidario do produto, este só se venderá por aqueles distribuidores AXA que queiran sumarse á iniciativa e decidan doar a UNICEF unha porcentaxe dos seus ingresos.

Ademais de promover o seguro, AXA tamén contribuirá economicamente cunha achega adicional de 50.000 euros ao ano aos programas de supervivencia e desenvolvemento da primeira infancia de UNICEF.

Estes fondos uniranse ás doazóns dos distribuidores e aos capitais que UNICEF perciba como beneficiario, facendo posible que miles de nenos poidan sertratados contra a   malaria   e  vacinados contra a polio.  
 
En palabras da Presidenta de UNICEF España, alianzas como esta son fundamentais, " porque só xuntos podemos salvar vidas e seguir traballando para que, un día, logremos rematar coa
espiral da pobreza". Non debemos esquecer que por primeira vez na historia temos o coñecemento e os recursos para erradicala, engadiu.

Para o Conselleiro Delegado de AXA España, Jean Paul Rignault, "trátase dunha das firmas máis importantes que pechou AXA" "nos últimos tempos". "O labor que fai o Fondo de Nacións Unidas para a Infancia é encomiable, e comprácenos poder contribuír dalgún xeito a ela (...) A Nosa responsabilidade social obríganos aprestar unha atención especial para previr a mortalidade infantil, especialmente a dos máis desfavorecidos,".