Axenda Europea de Migración: 10 propostas de UNICEF

O número de mortos entre as persoas emigrantes que intentan cruzar o Mediterráneo nesta época do ano multiplicouse por 50 respecto ao mesmo período do ano pasado.

 

Coa chegada do verán, o número de nenos que se embarcan nestas perigosas viaxes só pode aumentar.

Como tamén aumentarán os riscos aos que estes nenos se enfrontan, non só na viaxe, senón tamén cando cheguen ás beiras europeas, onde é posible que non reciban a atención e oscoidados que necesitan.

En UNICEF queremos que os dereitos dos nenos emigrantes estean no centro da política migratoria da Unión Europea. Por iso, ante a adopción dunha nova Axenda Europea de Migración, elaboramos un plan de 10 propostas que pedimos que a UE teña en conta e do que aquí tedes un resumo:

  1. Recoñecer e tratar a todos os nenos emigrantes sempre primeiro e por riba de todo como nenos con dereitos.
  2. Aplicar as leis e políticas existentes para salvagardar eprotexer os dereitos dos nenos afectados pola migración.
  3. Utilizar como guía en todas as decisións aConvención sobre os Dereitos do Nenoe ter sempre en conta o interese superior do neno.
  4. Protexer os nenos emigrantes reforzando os sistemas integrais de protección infantil.
  5. Non reter os nenos en centros de detención e non os separar das súas familias.
  6. Respectar as leis do dereito marítimo internacional e os costumes tradicionais para salvar e protexer vidas.
  7. Dar atención especial a nenos emullereembarazás nas operacións de rescate.
  8. Asegurar o acceso equitativo a educación, sanidade, protección social e xustiza a todos os nenos, sen importar a situación administrativa dos seus pais.
  9. Protexer a todos os nenos por igual sen discriminación polanacionalidade ou raza dos seus pais.
  10. Abordar as causas que forzan ás persoas a abandonar os seus fogares, a través a redución de riscos, resposta de emerxencia e desenvolvemento.

AxENDA EUROPEA DE MIGRACIÓN: MÁiS DE 13.000 NenOS NOn ACOMPAÑADOS EN 2014

En UNICEF preocúpannos de xeito especial os nenos que viaxan sós, sen pais nin familiares. Segundo a Organización Internacional para as Migracións (OIM), dos 170.000 persoas emigrantes que chegaron ás costas italianas dende Libia o ano pasado, máis de 13.000 eran nenos non acompañados.

Os nenos emigrantes teñen acceso limitado á xustiza, educación e servizos sanitarios. Ademais, poden ser suxeitos de detencións, deportacións, expulsións colectivas e prácticas de control de fronteiras que poñen en perigo as súas vidas cando intentan entrar en territorio europeo.

"O impacto desta
horrible traxedia que está a afectar aos nenos emigrantes vai máis alá das beiras domar Mediterráneo", dixo Yoka Brandt, directora executiva adxunta de UNICEF. "A medida que as migracións aumentan, a Unión Europeapode utilizar esta oportunidade para aplicar as súas leis e ser fiel aos seus valores para defender os dereitos dos nenos emigrantes e as súas familias, converténdose nun exemplo en todo o mundo,".