A axuda ao desenvolvemento ten resultados
A Presidenta de UNICEF España, Consuelo Crespo, interveu onte no Senado na Comisión de Cooperación Internacional para falar da importancia da cooperación española, sobre todo na situación actual.
Consuelo Crespo recordou os importantes avances que se lograron pola infancia a nivel mundial, como por exemplo, aredución da mortalidade infantil nun41%. Isto demostra, tal e como subliña a Presidenta de UNICEF España, queé posible diminuír radicalmente a mortalidade infantil con intervencións simples e alcanzables. "En tempos de crise tamén se pode avanzar", engade.
Avances logrados grazas á axuda ao desenvolvemento
Grazas á cooperación lográronse grandes avances en temas tan importantes como:
- Adesnutrición infantil, que está detrás de1 de cada tres mortes infantís.
- Educación. Logrouse a paridade entre nenos e nenas no acceso á escola primaria e a taxa de matriculación na escola primaria enÁfrica subsahariana pasou do 58 ao 76%.
- Enfermidades infecciosas. Reduciuse á metade o número defalecementos por malaria en 43 dos 99 países endémicos.
- Auga potable. Logrouse reducir á metade o número de persoas sen acceso á auga potable. Esta meta dos ODM logrouse antes de 2015.
Para a Presidenta deUNICEF España estes datos demostran que o investimento eficaz e sostido nas persoas, especialmente nos nenos, sobre todo nas zonas e comunidades máis marxinadas é rendible: "rompe o círculo interxeracional da pobreza, crea sociedades máis estables e contribúe ao crecemento sostible", engade. Consuelo Crespo recordou na súa comparecencia que "España pode sentirse orgullosa da súa participación no logro de moitos dos resultados de desenvolvemento relacionados coa infancia" e recordou que no ano 2011 a contribución do goberno español a UNICEF alcanzou os 50 millóns de dólares e a da cidadanía española (empresas e particulares) 48 millóns de dólares.
Grandes retos para a infancia
A pesar dos avances, Consuelo Crespo quixo recordar no senado os importantes retos para a infancia:
- 19.000 nenos morren ao día por causas evitables.
- 180 millóns de nenos no mundo teñen desnutrición crónica e 20 millóns sofren desnutrición aguda.
- Aínda hai 61 millóns de nenos que non teñen acceso á escola primaria.
- En 2010 morreron 287.000 mulleres por causas relacionadas coa maternidade.
Consuelo Crespo mostrou a súa preocupación "ante a gravidade do momento actual": "Corremos o risco de perder boa parte do camiño recorrido. Todos somos conscientes do difícil da nosa situación económica. Pero non podemos esquecer que a redución de fondos é moito máis que un apuntamento contable. Estamos a falar de vidas humanas".
A Presidenta deUNICEF España avoga por unharecuperación con rostro humano, onde aprotección aos máis vulnerables estea no centro das decisións. "Mesmo neste contexto de crise, hai marxe para tomar decisións estratéxicas e buscar saídas que non xeren máis desigualdade. Nestes momentos difíciles, a sociedade reclama das institucións amplitude de miras, capacidade para chegar a consensos nalgúns aspectos esenciais e compromiso cos máis débiles,".