Axuda refuxiados: 500.000 nenos en mans de traficantes
Máis de 500.000 nenos refuxiados e migrantes pasaron polas mans de traficantes en 2015. Empuxados pola desesperación e unha espera infinita, caen en mans de criminais dispostos a aproveitarse dos seus soños.
Desde UNICEF, realizamos unhainvestigación para saber que se esconde detrás dotráfico de nenos migrantes cara aEuropa e poder dar unha resposta adecuada. Ostestemuños dos propios nenos e datos de fontes
como Interpol son desgarradores.
SegundoEurostat, máis de 580.000 solicitudes de
asilo foron presentadas por nenos enEuropa desde xaneiro de 2015.
Segundo un informe recente da Europol-Interpol, máis de 90%
das viaxes realizadas por refuxiados e
migrantes son facilitados por traficantesque traballan para redes criminais, polo que se
estima que polo menos medio millón de nenosrecorreron a traficantes nalgún punto do seu percorrido. Os nenos
non acompañados supoñen preto de 100.000 destas
persoas, e están especialmente expostos a usar eses servizos.
AxUDA
REFUxIADOS: AS VÍAS LEGAiS e SEGURAS SON A SOLUCIÓN
"Pechar fronteirasé como pechar as portas con chave, pero deixando as xanelas
abertas. Isto empuxa aos nenos, especialmente ao non
acompañados, a correr maiores riscos", dixo Marie-Pierre
Poirier, coordinadora especial de UNICEF para a crise derefuxiados e migrantes en Europa.
"Aínda que a chegada demigrantes e refuxiados baixou considerablemente,
os peches fronteirizos, as políticas estritas de
migración e o acordo Unión Europea-Turquía levaron a estes grupos
criminais a adaptar rutas de tráfico de drogas e
armas ben establecidas polas que trasladar a persoasrefuxiadas e migrantes."
"As políticas de control
migratorio son as que a miúdo guiaron aos Estados na súa
resposta, en lugar das necesidades urxentes e reais e os dereitos
dos nenos refuxiados e migrantes. Se houbesevías legais e seguras, os nenos e as súas familias
non se verían forzados a verse entre as mans de traficantes que
levan a moitos deles por rutas perigosas ou
irregulares".
AxUDA REFUxIADOS: o TRÁFICO, UN NEGOCIO DE AtA 6 MILLóNS DE
DÓLARES Ao AnO
Actualmente estímase que tanto otráfico como a trata de persoasxeran ganancias de 5 ou 6 miles de millóns de
dólares cada ano. Como o número de persoas facendo estas
perigosas viaxes descendeu, Europol estima que
estes criminais triplicaron os seus prezos, con moitos migrantes
pagando até 3.000 euros por cada traxecto da súa viaxe.
Os nenos ven obrigados aendebedarse a miúdo con eles para ser trasladados.
Ter que pagar estas débedas ponlles nun risco aínda maior de
explotación por parte dos traficantes. Hai
informes de nenos non acompañados enFrancia e Italia que ven forzados
a traballar, a intercambiar servizos
sexuais ou coaccionados para cometer
crimes.
Para protexer aos nenos migrantes e refuxiados,
desde UNICEF facemos un chamamento urxente:
É necesario realizar esforzos
moito maiores para identificar as accións de tráfico e
trata dirixidas aos nenos en
tránsito.
En países de
tránsito, particularmente en Grecia e
Italia, é esencial que os actores de protección
infantil estean equipados para poder dar asistencia
individual e apoio a todos os nenos migrantes e
refuxiados vulnerables, con enfoque especial nosnenos non acompañados.
Unha recollida de datos dos nenos
máis estrita no contexto da resposta a persoas migrantes e
refuxiadas en Europa.
Desde UNICEF, establecemosequipos móbiles en áreas crave con expertos enprotección infantil, para proporcionar servizos anenos en tránsito e axudar a identificar
rapidamente aos nenos que poden ser vítimas de tráfico e
trata. Ademais, comprometémonos/comprometémosnos tamén a
un seguimento e investigación permanente do impacto dotráfico nos nenos refuxiados e
migrantes.