Axuda refuxiados: 7 meses atrapado en Calais
Mentres les estas liñas, moitos nenos refuxiados en Calais están sós, esperando poder reunirse cos seus familiares que se atopan en Reino Unido. En UNICEF calculamos que hai preto de 160 nenos nesta situación.
Este foi o caso de Bilal*, que
fuxiu de Siria por mor daviolencia para reunirse co seu irmán enReino Unido e que pasou 7 mesesatrapado no campamento de refuxiados deCalais.
"Vivía en Daraa,unha das cidades onde empezou o levantamento
sirio", conta. "Había bombardeos por todas partes, así que
me marchei. Tiña só 14 anos e quería estar co meu
irmán maior".
AxUDA REFUxIADOS: "TEMIMOS POla NoSA VIDA EN TODO MOMENTO"
Bilal di que no bote que lle
levou de Turquía a Grecia había45 persoas. "Había patrulleiros buscando barcos
así que tiñamos que parar cada dous por tres. Houbo un momento no
que había un buraco no noso bote e estabamos moi asustados, pero ocontrabandista non quixo deternerse. Tememos pola
nosa vida en todo momento", afirma.
"Despois diso só houbo espera,
espera e máis espera. Aínda que a lei di que podía estar co meu
irmán, acabei quedándome atrapado na Xungla de
Calais. Tardei máis dun ano desde que saín deSiria ata que puiden reencontrarme co meu
irmán".
"A peor parte da miña viaxe foi
estar en Calais, onde a maioría das persoas sofrenviolencia e humillación. A xente buscaba formas de
saír de aí cada día. Os meus amigos e eu tentamos subirnos
a un tren, pero tiven que presenciar como dous delesmorrían nas vías".
AxUDA REFUxIADOS: UNhA HISTORIA HABITUAL
"Sinto moi afortunado de estar enReino Unido. Algunhas persoas teñen unha idea
negativa dos refuxiados, pero só queremos unhaoportunidade para unha vida
mellor".
A historia de Bilal é habitual e
aínda hai moitos nenos en Calais que non puideron
reunirse cos seus familiares en Reino
Unido.
"Agora estou a salvo", di Bilal.
"Pero os meus amigos seguen atrapados en Calais e
hai moitos outros nenos que están sós en Europa e
en zonas en conflito. Quero axudar a nenos como eu para que poidanestar coas súas familias".
*Nome ficticio para protexer
a identidade do protagonista.