Axuda refuxiados: miles de nenos están atrapados nas fronteiras europeas
A crise de refuxiados está a deixarnos estes días imaxes desoladoras de miles de nenos e familias atrapados nas fronteiras europeas.
A situación é especialmente grave
no paso entre Grecia e a antiga República
Iugoslava de Macedonia, onde se pechou a fronteira para
todos os refuxiados menos os procedentes deSiria.
Neste contexto de caos e
confusión, os nenos víronse obrigados a durmir á
intemperie en condicións precarias durante máis dunha
semana, sen acceso a servizos básicos como unhaducha ou alimentación adecuada.
As familias corren risco de separarse e moitos nenos pasan horas en
trens sen ningún destino.
"Aquí estou a ser testemuña de
como nenos pequenos, menores de cinco anos, quedanatrapados entre dous valos", dixo Jesper Jensen,
coordinador de emerxencias no terreo para UNICEF en Gevgelija, na
antiga República Iugoslava de Macedonia. "Non poden avanzar nin
retroceder. Necesitan refuxio e descanso, e
necesitan saber que futuro lles espera".
AxUDA REFUxIADOS: DESDE UNICEF AMPLIAMOS a NoSA RESPoSTA
Ante esta grave situación, en
UNICEF ampliamos a nosa resposta. Facilitamos o
acceso a instalacións de auga e saneamento,
especialmente para os bebés e os nenos. Tamén distribuímosartigos de hixiene persoal ealimentos para axudar aos nenos e as súas familias
para facer fronte á difícil situación.
Desde UNICEF reiteramos o noso
chamamento para levar a cabo un traballo conxuntoe coordinado por parte de todos os gobernos, tanto nas principaisrutas de tránsito como nos países de
destino.
Ningún neno debería pasar a noitesen acubillo e acceso a servizos
básicos.