Axuda refuxiados: o acordo UE-Turquía podería poñer aos nenos en perigo
En UNICEF estamos preocupados polo novo acordo entre a Unión Europea e Turquía, que entra en vigor esta semana. O texto do pacto parece esquecer aos máis de 19.000 nenos refuxiados e migrantes atrapados en Grecia.
Os nenos constitúen o 40%
da poboación migrante e refuxiada no país heleno.
Calcúlase que 1 de cada 10 nenos viaxan sen os
seus familiares. Son os chamados menores non
acompañados.
Desde UNICEF advertimos de que o
novo acordo podería empuxar a familias enenos a elixir outras rutas, mesmo máis perigosas
que as do Exeo, como pode ser a parte central domar Mediterráneo, desde Libia ata
o sur de Italia.
En UNICEF acollemos positivamente
o compromiso dos líderes da Unión Europea para
determinar de maneira individual a situación dos refuxiados
e migrantes, en lugar de realizar expulsións
colectivas e outras prácticas que poidan ser daniñas para
os nenos.
AxUDA REFUxIADOS: 4 PRIORIDADES QUE ATENDER
Con todo, cremos que existen4 prioridades que deben ser atendidas:
- Os menores de idade que viaxan sós teñen que ser debidamente identificados e levados a centros de protección, nunca de detención. Cada un destes casos debe ser atendido con especial coidado. Para atender este volume de traballo, é necesario reforzar os mecanismos de resposta de Grecia.
- Que se permita ampliar rapidamente os servizos para nenos e familias que se ofrecen nos Puntos Azuis.
- Hai que proporcionareducación de emerxencia aos nenos que queden atrapados durante longos períodos en Grecia. Moitos nenos estiveron fóra da escola durante varios meses e poderían beneficiarse dun programa curto de aprendizaxe.
- É urxente vacinar aos nenos refuxiados e migrantes para evitar brotes de enfermidades perigosas, especialmente porque moitos deles estiveron vivindo en condicións insalubres durante semanas.