Banesto apoia o traballo de UNICEF en Somalia

Banesto destinou 150.000 euros para apoiar o traballo de UNICEF ante a situación de emerxencia na que se atopa Somalia.
 

A doazón foi posible grazas a1.612 empregados de Banesto que participaron nunha iniciativa de apoio a UNICEF pola emerxencia nutricional do Corno de África. Á súa vez, a Fundación Banesto, no marco do seu Programa Solidariedade x2, duplicou as doazóns dos seus empregados até alcanzar a cifra de 150.000 euros.

UNICEF traballa en todas as áreas que salvan vidas no Corno de África e en todos os países afectados por unha emerxencia que pon en risco a 13,3 millóns de persoas en Somalia, Kenia, Etiopía e Xibutí. A situación está a afectar moi gravemente á infancia. Máis de 2,5 millóns de nenos sofren desnutrición e necesitan con urxencia acciones vitais para sobrevivir á seca.

En situacións de emerxencia, UNICEF é responsable da coordinación da resposta ás necesidades da infancia en áreas tales como nutrición; auga, saneamento e hixiene; educación; e protección da infancia.

A Presidenta de UNICEF España, Consuelo Crespo, recibiu do Presidente de Banesto, Antonio Basagoiti, o importe da doazón. Consuelo Crespo manifestou o seu agradecemento aos empregados de Banesto e á Fundación Banesto polo seu compromiso permanente coa infancia e a súa colaboración cos programas de emerxencia de UNICEF no Corno de África.