Benvidos a Campus 89

Post de Almudena Olaguibel, Departamento de Sensibilización e Políticas de Infancia de UNICEF España

Campus 89 é unha iniciativa de UNICEF Comité Español dirixida aos estudantes universitarios. Está formada por grupos de mozos convencidos de que o benestar da infancia é responsabilidade de todos, e de que eles, dende o seu propio ámbito e circunstancia, son capaces de contribuír a que os dereitos da infancia sexan unha realidade.

Como poden contribuír a este cambio? Descubrindo as situacións que máis prexudican á infancia e como enfrontarse a elas, difundindo as nosas mensaxes, e asumindo a defensa dos dereitos de cada neno e nena.

O seu nome é a nosa pequena homenaxe á Convención sobre os Dereitos do Neno, aprobada en 1989, e que supuxo unha revolución no modo de entender e considerar os nenos.

Esta iniciativa tamén está a ter lugar en moitos outros países; novos estudantes que se constitúen na "voz" de UNICEF na súa universidade, mobilizándose e organizando actividades para concienciar e sensibilizar aos seus compañeiros.

As posibilidades de participar son moitas; no noso blog,Facebook e Twitter vemos exemplos moi variados (e algúns tamén moi imaxinativos;): partidos ou carreiras solidarias, sesións de formación sobre cooperación ao desenvolvemento, torneos de debate, concertos e ata bailes no campus.

Invitamos a todos os estudantes universitarios a formar parte desta comunidade. En UNICEF Comité Español temos ferramentas, materiais e moitas propostas que facervos. Para coñecer máis sobre o programa, visita Campus 89 ou escríbenos a campus89@unicef.es.

"Somos un grupo de estudantes cun desexo común: axudar a construír un mundo que respecte e protexa os dereitos de todos os nenos. Esperamos que o noso grupo impulse e permita a participación dos mozos neste importante movemento global. "

Estudantes "UNICEF on Campus" da Universidade de Alberta, Canadá