Bolsa solidaria de Eroski contra a desnutrición infantil

A empresa de distribución Eroski lanzou unha Bolsa Solidaria reutilizable para apoiar distintas iniciativas sociais, entre elas a de loita contra a desnutrición infantil de UNICEF.

A supervivencia e odesenvolvemento infantil é un dos dereitos fundamentais da infancia e é clave para romper o círculo da pobreza e a situación de crise permanente que afecta a millóns de persoas no mundo. Dos 6,9 millóns de nenos menores de cinco anos quemorreron en 2011 por causas que se poden evitar,máis dun terzo están relacionadas directa ou indirectamente coa desnutrición, que é o resultado da inxestión insuficiente de alimentos (en cantidade e calidade), a falta dunha atención axeitada e a aparición de enfermidades infecciosas. A desnutrición crónica, que afecta a uns180 millóns de nenos menores de cinco anos en todo o mundo, non ten cura, pero pódese previr con medidas sinxelas como a achega de vitaminas e minerais esenciais, o fomento da lactación temperá exclusiva ata os 6 meses de idade ou a promoción de hábitos de hixiene, como o lavado de mans.

1 BOLSA, 1 EURO

A bolsa, que xa se encontra dispoñible en todos os hipermercados Eroski e supermercados Eroski/center eEroski/city, custa 1 euro. Todos os beneficios que se consigan coa venda destas bolsas se destinarán a tres proxectos solidarios postos en marcha por UNICEF, Banco de Alimentos eIntermón Oxfam. Xunto á información no punto de venda --tarxetas na propia bolsa e expositores na liña de caixas-- a páxina web de Eroski conta cunha sección específica que recolle información máis ampla sobre a "Bolsa Solidaria" e os distintos proxectos que se poden apoiar votando por eles.