#BringBackOurGirls: que hai detrás do secuestro das nenas de Nixeria?
Unha foto de Michelle Obama sostendo o rótulo Bring back our girls deu a volta ao mundo e levou ás portadas ás máis de 200 nenas de Chibock secuestradas polo grupo armado Boko Haram fai xusto un ano.
Prendeu a faísca que levou miles de persoas a mostrar nas redes sociais a súa solidariedade coas nenas e a súa repulsa cara a este acto que busca sementar o terror.
Non se nos esquecen as nenas e seguimos esixindo a súa liberación para que poidan volver á casa. Pero detrás desas 200 nenas, hai moitas máis nenas e nenos. Ata 800.000 menores víronse obrigados a fuxir da violencia en Nixeria e a rexión.
De feito, o grupo Boko Haram habia empezado a facer secuestros un ano antes do mediático caso das nenas de Chibok. E aínda hoxe, os nenos e as nenas do nordés de Nixeria, e de boa parte da rexión do lago Chad, non poden ir á escola. Moitos deles expoñeríanse a graves riscos ao ir ao colexio e moitos outros nin sequera teñen escolas ás que ir porque foron arrasadas polos combates.

de #bringbackourgirls a #bringbackourchildhood: 800.000 nenos fuxiron
A inseguridade causada polo conflito entre Boko Haram, o exército de Nixeria e os grupos civís de autodefensa converteuse nunha crise humanitaria que empeora cada día.
Só en Nixeria, o número de desprazados internos case se dobrou en menos dun ano, dende uns 647.000 en maio de 2014 ata 1,2 millóns hoxe.
Máis de 200.000 refuxiados chegaron a Camerún, Chad e Níxer despois de que os seus pobos recibisen ataques e ameazas. En moitos casos, as familias só poden conservar a roupa que vestían cando fuxiron. Pérdeno todo.
Por todo isto, publicamos o noso informe Missing Childhoods (Infancias perdidas), no que alertamos do impacto desvastador que supón o conflito para os nenos da rexión.
Miles de nenos e nenas en Nixeria e a rexión morreron ou sufriron e sofren violencia e abusos dunha dimensión inimaxinable. Moitos perderon as súas casas, son recrutados por grupos armados e separados das súas familias.
As vidas de miles de nenos seguen correndo risco porque son obxectivo de ataques deliberados a escolas, moitas veces combinados con secuestros masivos. Algúns informes falan de que os nenos son obrigados a levar bombas atadas ao seu corpo, para logo facelos detonar en espazos públicos.

Nixeria: #bringbackourchildhood
En Twitter utilizaremos o hashtag #bringbackourchildhood (devólvannos a infancia) para chamar a atención sobre a situación dos centos de miles de nenos que están a perder a súa infancia como resultado do conflito.
Como parte desta campaña, dende UNICEF tamén se está a utilizar a rede social Snapchat -unha plataforma social onde as mensaxes desaparecen- para compartir imaxes baseadas en debuxos de nenos de Nixeria, Chad, Níxer e Camerún.
As obras reflicten as perdas dos nenos cando teñen que fuxir dos seus fogares e as feridas emocionais e o sufrimento que soportaron, e que inclúe ver como asasinaban, torturaban ou secuestraban os seus pais e irmáns.
Nixeria: axúdanos a protexer da violencia a miles de nenos e nenas
Dende UNICEF estamos a traballar en terreo nos 4 países para responder as necesidades máis urxentes dos nenos. En toda a rexión do lago Chad, intensificamos a asistencia humanitaria para os nenos e familias que se viron desprazados polo conflito.
Estamos a distribuír auga potable, proporcionando servizos sanitarios, asegurando o acceso á educación a través de espazos temporais de aprendizaxe, subministramos alimento terapéutico a nenos con desnutrición e asegúranos de que os nenos reciban atención psicosocial por parte de persoal experimentado, en colaboración con outras axencias da ONU, as autoridades gobernamentais e os aliados locais.
Ti podes axudarnos a protexer miles de nenas e nenos atrapados na violencia.