Brote de ébola: 5 formas nas que UNICEF loita contra o virus
Nos países máis afectados Guinea, Liberia e Serra Leoa xa hai máis de 4.200 casos confirmados ou probables de ébola.
A rápida propagación do virus levounos a redobrar esforzos e poñer en marcha 5 estratexias para frear o avance do ébola en África occidental.
Son as seguintes:
1. Entregamos subministracións: continuamos transportando subministracións esenciais aos países afectados. Estamos a entregar subministracións para o tratamento e coidado das persoas que están enfermas de ébola e para manter activo o fluxo continuo dos servizos básicos. Na primeira semana de outubro teremos entregado 1.300 toneladas e mobilizado 55 voos.
2. Axudamos as familias a protexerse: nas próximas semanas, centrarémonos na embalaxe e o envío de 50.000 kits de protección do fogar. Estes kits conteñen luvas, batas, máscaras, xabón, cloro e baldes. O primeiro envío de 9.000 kits irase esta semana para Liberia. Os kits de protección do fogar complementan os kits de hixiene familiar que xa están a ser empaquetados e distribuídos no país.
4. Enviamos persoal especialista de apoio. Sobre a base da nosa presenza nos países existentes en Liberia, Serra Leoa e Guinea, estamos a enviar a 67 profesionais máis a estes tres países, os máis afectados polo ébola. Outros 37 membros do persoal serán despregados nas próximas semanas. Tamén estamos a buscar máis profesionais comprometidos para unirse ao noso equipo de resposta de emerxencia de ébola en África Occidental.
5. Conseguimos máis fondos para loitar contra o ébola. Enviamos máis de 5 millóns de euros dos nosos propios recursos para responder ao brote de ébola, incluíndo máis de 3 millóns para Liberia. Recibimos case 6 millóns de euros de doadores, pero esa cantidade é só o 4 por cento dos 156 millóns de euros que necesitamos para responder a esta crise. Toda axuda marca unha gran diferenza. Doa para axudar a deter a propagación do ébola.