Brote de ébola: conferencia internacional para avanzar na loita contra o virus

A pesar de importantes avances logrados nos últimos meses, o  ébola en África  segue matando as persoas e impactando profundamente nas sociedades e as economías de Guinea, Liberia e Serra Leoa.

"Enfrontámonos a un momento crítico. Hai signos alentadores de que o peor da epidemia pasou. Grazas aos nosos esforzos colectivos, o final do brote está no horizonte, pero ninguén pode darse o luxo de baixar a garda. O último quilómetro pode converterse no máis difícil. Hai que actuar con decisión e unidade para lograr poñer fin a esta cruel epidemia e apoiar a recuperación", sinalou o Secretario Xeral de Nacións Unidas, BanKi-moon, hoxe en Bruxelas.

O progreso logrado na redución da epidemia reflicte os esforzos realizados polos pobos e os gobernos dos países afectados e o apoio da comunidade internacional. Non obstante, o traballo non rematou: en calquera momento pode volver estalar un novo brote.

A conferencia internacional, que se celebra hoxe en Bruxelas, é unha valiosa oportunidade para identificar a forma máis axeitada de seguir traballando. Todos os aliados deben renovar o seu compromiso na eliminación do brote de ébola 
e preparar un plan de recuperación baixo os liderados nacionais.
 

Ébola en África: máis de 9.500 persoas  morreron e máis de 23.500  infectáronse

Máis de 23.500 persoas infectáronse co virus neste brote e máis de 9.500 persoas morreron a causa do ébola. Ademais, ata o momento, máis de 16.000 nenos e nenas perderon os seus pais pola epidemia, deles uns 4.500 en Liberia, un dos países máis afectados, xunto con Guinea e Serra Leoa. Como Watta, cuxa historia podes coñecer o vídeo. Os seus pais morreron a causa do brote e a súa comunidade rexeitouna. Agora vive nun centro de apoio a nenos orfos que coordinamos dende UNICEF en Liberia.

A enfermidade segue sendo unha ameaza para a saúde das persoas en todo o mundo: de aí a énfase en rematar con ela o antes posible e asegurar que non se reproduza. O brote non rematou en calquera país ata que remate en todas as zonas afectadas.

Se podes, fai un
 donativo para frear o ébola.