Cada vez hai máis pobreza infantil en España
Por Gabriel González-Bueno Uribe, Responsable de Políticas de Infancia de UNICEF España
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou onte os datos provisionais da Enquisa de Condicións de Vida de 2011, que mide, entre outras cousas, o nivel de risco de pobreza da poboación.
Os datos de pobreza para os menores de 16 anos son especialmente rechamantes, e así remárcao o propio INE na súa nota de prensa. Os nenos son o grupo de idade que máis porcentaxe de pobreza sofre, o 26% (fronte o 20% dos adultos é idade de traballar e o 21% dos maiores de 65 anos), e a súa exposición á pobreza creceu sensiblemente máis, dende 2009, que a do total da poboación. Estes datos, por desgracia, confirman que a crise económica se está a cebar especialmente nos fogares con nenos e, que osefectos do desemprego e dos axustes presupostarios das administracións, están a provocar un especial impacto nainfancia.Nas últimas semanas UNICEF España estivo a trasladar aos partidos políticos a proposta de que inclúan nos seus programas electorais a formulación e posta en práctica dun Plan nacional contra a pobreza infantil.Á vista da evolución dos datos estatísticos, esta proposta faise cada vez máis ineludible se queremos vernos como un país que coida do benestar da súa infancia e realiza unha aposta real polo seu futuro.