Calais: o compromiso de Reino Unido e Francia cos refuxiados e migrantes
"O compromiso por parte do Reino Unido e Francia para atopar solucións urxentes para os centos de nenos refuxiados e migrantes que languidecen en Calais desde hai meses, chega no momento oportuno.
Ante o peche inminente docampamento de Calais e ante a inminente chegada do
clima húmido do inverno, é unha boa noticia coñecer que moitos dos
nenos terán un novo fogar e unha nova esperanza no Reino
Unido nos próximos días. Damos a benvida tamén ao
compromiso de Francia para atopar solucións para
aqueles nenos refuxiados e migrantes que
permanecerán no seu territorio. Isto estaba pendente desde hai
moito tempo.
Durante moitos meses, uns1.200 nenos viviron en condicións deplorables nocampo de Calais, expóndose ao abuso, a
explotación e os accidentes de tráfico agardando un
destino incerto.
Podemos imaxinar o enorme alivio
que os propios nenos experimentarán finalmente cando se lles ofreza
unha casa apropiada, asistencia, acceso á
educación e un futuro - non só aos que
irán ao Reino Unido, senón tamén os que quedan en
Francia. O seu interese superior debe guiar as decisións das
autoridades en cada paso do camiño.
Nós, en UNICEF,
xunto con moitos dos nosos aliados que durante tanto tempo
estiveron presionando no seu nome, compartiremos o alivio dos nenos
unha vez que os gobernos de ambos os lados da canle inglesa presten
total atención aos chamamentos realizados polos moitos
activistas locais, voluntarios, ONG e organismos
internacionais incluíndo os comités nacionais deUNICEF do Reino Unido e Francia, para lograr
solucións duradeiras para atender a refuxiados e
migrantes.
Esperamos aínda un maior
compromiso por parte de todas as autoridades, non só na súaobrigación legal para cos nenos, tamén na súaobrigación moral de protexer a todos aqueles que
se viron obrigados ao desarraigamento".
Declaración de Marie Pierre
Poirier, coordinadora especial de UNICEF para a crise de refuxio e
migración en Europa