Calderón en Zambia: " Iso era unha escola? "

Por Cristina Ribes, Responsable de Alianzas de UNICEF España

Esta pregunta faina José Manuel Calderón, Amigo de UNICEF Comité Extremadura e xogador da Selección Española de Baloncesto e da NBA, sinalando un cartel coa palabra 'School' que indica que os bancos e pupitres que hai debaixo dunha árbore fan as veces dunha escola. Encontrámonos no corazón de África. 

Avanzamos unhas decenas de quilómetros e chegamos a Kapamande, no sur de Zambia. Recíbenos o director do colexio e cóntanos que ata o 3 de setembro non comeza o curso escolar. Aínda que os nenos están de vacacións, moitos achegáronse a saudarnos e a xogar connosco neste caloroso día de agosto. Todos os Gobernos teñen a obriga de educar os seus nenos, pero non sempre hai recursos. En Kapamande ata hai pouco non había escola. De feito, non vivía ninguén nesta zona, ata que en 2009 unhas inundacións obrigaron centos de familias doutra parte do país a instalarse nesta aldea. E empezaron de cero.UNICEF proporcionoulles unha tenda de campaña para que os nenos puidesen retomar as clases canto antes, e aos poucos meses, o Goberno empezou a levantar a escola. Pero os fondos rematáronse e quedouse a medio construír. Grazas ao apoio de UNICEFrematouse de construír a escola que estamos a visitar e que agora dispón de tres aulas con pupitres e bancos para que os nenos non teñan que sentarse no chan. A este centro acoden agora 125 nenos que xa non teñen que andar cada día máis de 15 quilómetros. Ademais, construíronselatrinas separadas para nenos e nenas, dispón de auga potable e ensínaselles que lavarse as mansantes de comer é imprescindible para que non se poñan enfermas.Cousas que a nós nos parecen normais como ir ao colexio ou ter auga potable, en países como Zambia non sempre é posible.Uns días despois de conseguir a medalla de Prata nos Xogos Olímpicos 2012, viaxamos con José Manuel Calderón ata Zambia para que coñecese osprogramas que leva a cabo UNICEF a favor da infancia máis vulnerable. Durante unha semana fomos testemuñas, da man de José Manuel, decomo o traballo de UNICEF e os seus aliados cambia a vida de miles de nenos. Percorremos o país visitando comunidades e colexios en lugares remotos onde coñecemos historias de esperanza e regresamos convencidos de que outro mundo é posible coa axuda de todos.   

Xa nolo dicían en Zambia: os nenos son o futuro deste país, así que temos que telos en conta en todos os nosos plans. Nós tamén o cremos. Esta viaxe coincidiu co lanzamento dos novos materiais educativos do noso programa educativo Enrédate con UNICEF,no que contamos coa colaboración especial deJosé Manuel Calderón paraanimar os mozos e centros educativos españois a que se unan aos esforzos de UNICEFpara mellorar as condicións de vida de millóns de nenos.
 
Porque non podemos quedar de brazos cruzados e se unimos os nosos esforzos, outro mundo é posible.