Calderón:"En Zambia verei como a axuda ao desenvolvemento cambia a vida dos nenos"

O Amigo de UNICEF Comité Extremadura José Manuel Calderón, medalla de prata nos Xogos Olímpicos 2012 e xogador da NBA, visita esta semana Zambia para coñecer de primeira man a situación na que viven os nenos deste país e o traballo que realiza UNICEF xunto aos seus aliados en áreas clave como a educación ou o acceso a auga potable e saneamento.

Durante a súa estanza, Calderón percorrerá algúns dos programas que contribúen a mellorar as condicións de vida dos nenos máis vulnerables. "Ir a Zambia con UNICEF permitirame ver como a axuda ao desenvolvemento cambia a vida dos nenos. Miles de nenos non van á escola ou non poden beber auga potable, o que pon en perigo a súa supervivencia e desenvolvemento. Por iso temos que facer algo por eles", asegurou o xogador.  

 

A EDUCACIÓN e o ACCESO A AugA POTABLE

En Zambia, un dos países máis pobres do mundo, máis de 250.000 nenos non van á escola. Ademais, o 47% dos 4 millóns de nenos en idade de asistir a clases de primaria non remata o ciclo, unha realidade que resulta preocupante xa que a educación é unhaferramenta imprescindible para romper o círculo da pobreza.UNICEF puxo en marcha enZambia un programa específico que conclúe en 2015 para mellorar a cobertura e calidade educativa, a igualdade de xénero, a adquisición de habilidades para a vida e a continuidade da escolarización na educación secundaria, especialmente dirixido ás nenas que viven en áreas rurais e tamén a outros grupos de nenos excluídos. Tamén é crítico o acceso a auga potable e instalacións de saneamento adecuadas, xa que teñen unha vinculación directa coas altas taxas de mortalidade infantil que se rexistran no país. En Zambia, uns 4,8 millóns de persoas non teñen acceso a auga potable e 6,6 millóns carecen de acceso a saneamento axeitado.UNICEF está a proporcionarauga potable e latrinas separadas por sexo ásescolas de 20 distritos do país, especialmente nas zonas rurais. Ademais, leva a cabo actividades deformación e adquisición de bos hábitos de hixiene.
 

AMIGO DE UNICEF COMITÉ EXTREMADURA

José Manuel Calderón foi nomeadoAmigo de UNICEFComité Extremaduraen xullo de 2009. Dende o primeiro momento, colaborou difundindo o traballo de UNICEF e apoiando diferentes actividades e campañas da organización, como a campaña O meu nome é Kimbo, aemerxencia nutricional no Corno de África ou a iniciativa #SahelNOW, que pretende poñer de manifesto a situación na que se encontranmáis dun millón de nenos con desnutrición aguda grave en nove países do Sahel.