Camboya avanza na redución da mortalidade infantil
Camboya realizou grandes progresos na redución da mortalidade infantil. Segundo un estudo de 2010, a mortalidade infantil descendeu, entre 2000 e 2010, de 95 a 45 mortes por cada 1.000 nacidos vivos.
Tamén se lograrongrandes avances na redución da mortalidade materna, aínda que aínda segue sendo alta: estímase que cada ano morren durante o parto 790 nais.UNICEF apoia o Ministerio de Saúde con subministracións e asistencia técnica para mellorar a calidade da atención cualificada para as nais e os seus bebés. Para fortalecer a demanda destes servizos, a organización iniciou un conxunto de intervencións coñecidas como Atención comunitaria para nais e recén nacidos, que se puxo en marcha en 17 distritos de todo o país.
Grupo de apoio á saúde, clave para a supervivencia infantil
Os grupos de apoio á saúde nas aldeas son o corazón desta iniciativa. Equipados co coñecemento e as habilidades necesarias para aconsellar as mulleres durante o embarazo e o período postnatal, constitúen unha gran ponte entre as comunidades e o sistema de atención á saúde. Os voluntarios de saúde das aldeas visitan as casas das embarazadas tan pronto confírmase o seu embarazo. Durante esta e as seguintes visitas, aconsellan ás nais sobre a atención necesaria, promoven o parto nun centro médico con traballadores da saúde capacitados, etc. Ademais, facilitan información esencial despois do nacemento.
a historia de Srey Neang
O labor dos voluntarios de saúde da aldea orixinou cambios no comportamento e prácticas das mulleres. Nas zonas onde se puxo en marcha a iniciativa, as mulleres demostran un maior nivel de coñecementos en relación coa preparación para o parto.Srey Neang, de 18 anos, está embarazada de oito meses. Como as oportunidades de emprego son escasas na súa aldea, Neang e o seu marido traballan nunha aldea próxima a Kampong Thom. Campesiña nun campo de arroz, Neang tivera pouco acceso aos servizos de saúde.Neang recibiu a visita dos voluntarios: "Os voluntarios de apoio da saúde da aldea déronme toda a información", afirma. "A miña intención é dar a luz o meu bebé no centro de saúde porque é moito máis seguro facelo onde teñen persoal da saúde cualificado". Ademais, ensinárono coñecementos de hixiene e boa nutrición. Tras o parto, brindaranlle información adicional sobre lactación materna, como colocar ao bebé, e sobre os síntomas de certas enfermidades.