Cantajuego e UNICEF, este domingo en ‘El País’
O diario El País pon á venda en exclusiva, o domingo 16 de decembro, o DVD+CD Regalo de Corazón, o último traballo do grupo infantil Encanto (Cantajuego). Unha parte das vendas do DVD+CD destinarase ao traballo de UNICEF coa infancia máis vulnerable en todo o mundo.
O DVD contén a gala benéfica Regalo de Corazón, un espectáculo rodado a principios de novembro no Centro Cultural deSan Chinarro (Madrid). O CD inclúe a canción Eu teño dereito a xogar, que foi composta especialmente paraUNICEF, e outros 12 temas repletos de coreografías e xogos para que os máis pequenos se divirtan aprendendo novas sintonías, vilancicos e os éxitos de sempre.UNICEF e Cantajuego levan colaborando máis de dous anos pola defensa dos dereitos dos nenos en todo o mundo. O 3% do PVP das vendas do DVD+CD, cuxo prezo é 9,95 euros, destinarase aosprogramas de UNICEF. Permanecerá á venda ata o día 16 de xaneiroigualmente con El País.Cantajuego é unproxecto pedagóxico-musical en formato audiovisual, desenvolvido por especialistas na estimulaciónpsicomotriz e o traballo psicopedagóxico. Orientado a nenos de 0 a 6 anos,Cantajuego propón utilizar a música e o movemento para poñer en funcionamento a imaxinación e a fantasía. Estas vivencias desenvolven a psicomotricidade, potencian o mundo afectivo e as relacións sociais.