Carta da Presidenta de UNICEF España: en tempos de crise tamén se pode avanzar

UNICEF España acaba de lanzar o último número de 2012 da súa Revista de Socios. A nosa Presidenta, Consuelo Crespo, abre esta edición cunha Carta na que subliña que, especialmente nun momento tan delicado como o actual, hai que seguir falando de avances nos dereitos dos nenos. E pon varios exemplos, como a redución da mortalidade infantil nun 41% dende 1990 ou a loita contra a desnutrición infantil de Mauritania.

Este tipo de logros só son posibles graza ao apoio dos socios e doadores de UNICEF, como sinala Consuelo Crespo nesta Carta que reproducimos a continuación:

"Nun momento particularmente delicado como o actual, creo que é máis necesario que nunca falar de logros e de avances. Hai os, e poden devolvernos a motivación e a esperanza que o ambiente xeral e as malas noticias nos roubaron. Dende UNICEF podemos afirmar que,en apenas dúas décadas, o número de nenos que morren antes de cumprir os cinco anos se reduciu nun 41%. Queremos celebrar este logro con todos eles, socios e colaboradores, que xunto con millóns de persoas en todo o mundo o fixestes posible. En primeiro lugar, polo que supón cada unha das vidas salvadas, pero tamén porque esta historia de éxito demostra algo moito máis profundo: que é posible diminuír radicalmente a mortalidade infantil con intervencións sinxelas e alcanzables.En tempos de crise tamén se pode avanzar. Os progresos son patentes en moitas áreas e moitos países, mesmo en temas como a desnutrición infantil, que está detrás dunha de cada tres mortes infantís. En páxinas interiores analizamos o exemplo de Mauritania, que nun dos contextos naturais máis hostís do planeta (a rexión do Sahel) e de dificultades políticas, económicas e sociais, pode cumprir o obxectivo de reducir á metade a desnutrición infantil antes de 2015. De ter seguido a senda do continente, Mauritania tería agora 90.000 nenos desnutridos máis.  

Neste fin de 2012, puxemos en marcha a campaña Cumpledías,a favor da supervivencia infantil e contra a desnutrición. Porque en moitos lugares do mundo, os nenos non cumpren anos, cumpren días. Con só 1,2 euros (o custo dun SMS) pódese financiar o tratamento dun neno contra a desnutrición aguda grave durante un día; con 42 euros, ese neno consegue saír da desnutrición. Datos como estes confirman que o investimento nas persoas, a través de estratexias comprobadas como eficaces, nas zonas e comunidades máis excluídas, é rendible e ten unha taxa de retorno moi alta en termos de redución da pobreza. A difícil situación económica nos países industrializados non xustifica esquecer que a redución de fondos é moito máis que un apuntamento contable. Son proxectos abandonados, resultados que xa non se poderán alcanzar e, en definitiva, frustración de expectativas... e vidas humanas. A experiencia deUNICEF na busca de solucións reais e sostibles, mesmo nas situacións máis extremas, nos di queavanzaremos se somos capaces de compartir responsabilidades os gobernos e a sociedade civil, as institucións públicas e as privadas, as comunidades, as familias e os propios nenos. Hai marxe para explorar solucións no marco dunha nova visión do mundo, na que todos teñamos cabida. Iniciemos 2013 con esperanza, sabendo que o labor realizado no ano que remata foi difícil, pero eficaz. En nome de UNICEF, en nome da infancia: moitas felicidades e grazas! "   
 
 
Lea a versión interactiva da  Revista de UNICEF España (tamén  en PDF).