Case 40.000 seguidores acoden a Mestalla para ver Champions for Africa
A iniciativa contou coa participación de xogadores como Fréderik Kanouté, Roberto Soldado, Santi Cazorla, Jesús Navas ou Joaquín.A cuarta edición do partido solidario Champions for Africa conseguiu recadar 550.302 euros grazas á participación de máis de 60 xogadores e 20 clubs, que non quixeron faltar a esta cita deportiva en Valencia a favor dos nenos que sofren os efectos da crise nutricional no Corno de África.
39.648 espectadores gozaron dun evento solidario que ofreceu, noCamp Mestalla, deporte, diversión e compromiso cos dereitos da infancia máis vulnerable, grazas a figuras como Fréderik Kanouté, Roberto Soldado, Santi Cazorla,Jesús Navas e Joaquín, que participaron nesta iniciativa.Empate a catorce goles foi o resultado final nun partido no que a Selección Champions, dirixida por Unai Emery, se impuxo na primeira parte e o Africa United de Juan Ignacio Martínez eJuan Carlos Garrido, remontou na segunda. Entre as moitas sorpresas da noite, o tenistaJuan Carlos Ferrero e o cantanteHuecco saltaron ao céspede por parte do combinado Champions, e unha quenda de penalties solidarios no descanso na que marcou ata o árbitro do encontro Mateu Lahoz.
Cos fondos recadados, o Fondo de Nacións Unidas para a Infancia, UNICEF, pode tratar máis de 10.000 nenos con desnutrición grave durante máis de dúas semanas. O traballo de UNICEF neste área céntrase en apoiar a alimentación de lactantes e nenos pequenos, a alimentación complementaria con galletas enriquecidas e a alimentación terapéutica para nenos con desnutrición aguda grave. Ademais, en países como Somalia, a organización apoia máis de mil centros de nutrición e subministra porcións de comida quente e vales de comida a decenas de miles de familias. Con parte dos fondos recadados, a Fundación Kanouté creará unha granxa - escola para a Cidade dos Nenos que ten en Bamako,Malí, co obxectivo de autoabastecer as necesidades alimentarias do complexo destinado nenos orfos ou vulnerables, así como de comercializar o excedente e reportar os ingresos económicos necesarios para sufragar outros gastos tales como a luz ou a auga. A Cidade dos Nenos consta de varias instalacións destinadas a cubrir as necesidades da infancia máis vulnerable. O proxecto consta dun orfanato, un centro de educación e formación e un centro de saúde.