Cataluña consegue 80.000 euros contra a desnutrición infantil
A audiencia da emisora de radio Rac 1 e a cadea de televisión 8TV, do Grupo Godó, demostraron a súa implicación coa campaña de UNICEF España contra a desnutrición infantil Cumpledías conseguindo máis de 53.500 SMS. Co seu apoio, e o da Fundación Abertis e outros colaboradores, captáronse máis de 80.000 euros a favor da supervivencia infantil.
O GrupoGodó, o primeiro grupo de comunicación en Cataluña, foi un magnífico altofalante parasensibilizar á sociedade desta comunidade autónoma sobre a situación de desnutrición que sofren millóns de nenos en todo o mundo. Numerosos xornalistas do grupo comprometéronse coa campaña, personalizando os anuncios radiofónicos e televisivos deCumpledías, e animando a cidadanía a enviar un SMS ao28028 coa palabra DIA.O apoio á campaña, que foi capitaneada por tres dos seus xornalistas principais: Jordi Basté, Josep Cuní eAlfons Arús, iniciouse o pasado 3 de decembro cunha entrevista á Directora Executiva deUNICEF España, Paloma Escudero, e alongouse ata a festividade dos Reis Magos. Ademais, participaron colaboradores de UNICEF como a actriz Clara Segura, o modelo e actor Andrés Velencoso, que organizou unhapremiere da película Fin en Tossa de Mar a favor de UNICEF, e o humorista, e presentador Berto Romero. A Fundación Abertisfoi o colaborador principal de Cumpledías en Cataluña, demostrando o seu compromiso coa infancia máis vulnerable. O empresario catalánEnrique Tomás tamén deu o seu apoio á campaña.
1 sms = 1 día de tratamento terapéutico
Adesnutrición crónica afecta a uns 180 millóns de nenos menores de cinco anos en todo o mundo. Se a desnutrición se produce nas primeiras etapas pode provocar un atraso no crecemento do neno, e o dano físico e cognitivo que causa é irreversible. Pola súa banda, a desnutrición aguda grave afecta a 20 millóns de nenos en todo o mundo, o que os coloca en risco de morte se non reciben un tratamento inmediato. O tratamento completo dun neno con desnutrición dura entre 4 e 6 semanas e consiste en subministrarlle leite ou alimento terapéutico unhas tres veces ao día para que o organismo se vaia recuperando. Con cada SMS recibido, UNICEF pode tratar un neno que padece desnutrición aguda durante un día.