CEBEK e UNICEF Comité País Vasco asinan un acordo para apoiar "Escolas para África" en Madagascar

CEBEK e UNICEF Comité País Vasco asinaron un acordo por medio do cal a Confederación Empresarial de Bizkaia desenvolverá o proxecto "Empresas de Bizkaia suman pola infancia", con accións entre as súas empresas e asociacións/federacións para apoiar a iniciativa de UNICEF "Escolas para África" en Madagascar.

 

CEBEK quere contribuír a este proxecto con polo menos 30.000 €. Importe que UNICEF necesita para:

    ·Construír un centro de preescolar,


   · Formar a 110 mestres de educación preescolar,

   · E s
ubministrar kits escolares en 11 escolas

CEBEK actuará como impulsora da iniciativa xestionando e facilitando a adhesión das empresas, que poderán participar como:

      ·Empresa Doadora: con achegas anuais dende 500 €


    · Empresa Colaboradora: con achegas anuais dende 1.500 €

    · Empresa Aliada: con achegas dende 5.000 €

· Con 552 € podes axudar a que UNICEF entregue 3 kits escolares a tres nenos.

· Con 1.500 € podes axudar a UNICEF a formar o profesorado de primaria de 3 redes escolares.

· Con 5.000 € podes axudar a UNICEF 
a subministrar kit de materiais de preescolar a 22 centros.

As empresas, pola súa banda , contarán con:

· Vantaxes fiscais (xustificante de ingresos con dedución fiscal).

· Recoñecemento do compromiso,

· Presenza da túa empresa na nosa páxina web,

· A posibilidade de dar a coñecer a súa contribución a través dunha imaxe de Proxecto UNICEF Escolas para África,

· E axuda
r a que moitos nenos e nenas poidan acudir á escola.

               Os compromisos das empresas serán:

· Aportar a doazón acordada ao ano que se destinará integramente ao programa Escolas para África en Madagascar.

· Aceptar as condic
ións de participación a través dun documento de adhesión.