Chad: falar de auga é falar de vida
O acceso á auga potable e a servizos de saneamento en Chad está entre os máis baixos do mundo, o que contribúe a brotes recorrentes de enfermidades como a poliomielite, a meninxite e a cólera. O 50% da poboación non ten acceso a fontes melloradas de auga potable e só o 9% ten un sistema de saneamento mellorado, segundo o Estado Mundial da Infancia de UNICEF.
Os barrios pobres dos arredores de Yamena, a capital de Chad, non se benefician dos servizos públicos da cidade, polo que a poboación se abastece a través de pozos de pouca profundidade, con alto risco de contaminación da auga, ou a través dos vendedores ambulantes. Mesmo así non hai garantía de que a auga sexa potable. O pasado ano, 17.000 persoas contraeron cólera en Chad, con miles de casos concentrados na capital. Por esta razón, UNICEF xunto á organización Secours Islamique France, comezaron a construír sistemas de subministración de auga potable nas comunidades máis vulnerables de Yamena. Ata agora construíronse sete, xestionados polas comunidades nas que se construíron.
a historia de Adoum e a sua familia
Adoum vive en Dar Salam, un barrio pobre dos arredores deYamena. A súa familia é unha das moitas que se beneficiaron deste sistema de abastecemento de auga potable. Antes, gastaban gran parte dos seus ingresos en comprar un ou dous bidóns de auga á semana, que nin sequera eran suficientes para a súa familia. "Era tan caro que non podiamos comprar auga abondo para todo, polo que só podiamos comprar un ou dous bidóns de auga para beber e cociñar. Pero para todo o demais, como lavar, usabamos auga sucia, e os nenos enfermábanse moito", conta. Agora, vive preto dun dos puntos de auga e conta como lles cambiou a vida: "A miña filla, os meus netos e eu imos recoller auga cada vez que necesitamos", explica.
a comunidade, clave para o funcionamiento do sistema
Mohammed Mohammezen Duma é o Presidente do Comité da Auga no barrio Dar Salam e contacomo o acceso á auga potable mellorou a saúde do barrio.
"A xente neste barrio cóntanos historias sobre como adoitaba haber moitos casos de diarrea, e mesmo de cólera, pero dende que se instalou este sistema, non houbo ningún caso de cólera", explica Duma. "Se se fala de vida, fálase de auga, pero non só de auga en si, senón de auga potable, e agora témola", engade. Mentres que a auga é gratuíta para as vivendas, os vendedores de auga pagan unha cantidade mínima, que se usa para o servizo, mantemento e potabilización. Así tamén os vendedores de auga non teñen que viaxar tan lonxe e poden vender un produto máis saudable. No barrio de Habbena, UNICEF e Secours Islamique France loitaron para encontrar un lugar para o sistema de auga. O xefe do barrio, Abbakaka Tidjani, achegou parte da súa propia granxa. "Como xefe deste barrio, se o importante que é a auga aquí", engade. "A xente está sempre a loitar pola auga, polo que cedín a miña propia terra para implantar este sistema", explicaAbbakaka Tidjani.
Xunto cos sistemas de auga, UNICEF e Secours Islamique France construíron taménlatrinas públicas en mercados e escolas. Como os sistemas de auga, a comunidade xestiona as latrinas. A xente paga unha pequena cantidade para usar os servizos, que logo se inviste no mantemento e en xabón.