Chad. A importancia de vacinar os nenos contra o sarampelo
O Ministerio de Saúde de Chad, co apoio da Organización Mundial da Saúde, UNICEF e outros aliados, lanzou unha campaña nacional para vacinar contra o sarampelo a todos os nenos entre os 6 e os 59 meses.
Nesta segunda fase, que se levou a cabo en febreiro, os traballadores da saúde chegaron a vacinar a unha gran cantidade de nenos. A primeira fase levouse a cabo en xaneiro e vacinouse os nenos tamén contra a polio.Josette Bakita levou os seus dous netos ao punto de vacinación atravesando un camiño de terra.Bakita, que é traballadora social nunha escola próxima, entende os efectos do sarampelo e hai todo o que pode para deter a epidemia.Conta como viu pais que non saben como axudar os seus fillos unha vez que contraeron a enfermidade. "Están desesperados e buscan axuda nos curandeiros tradicionais. Sei que isto pode empeorar a situación do neno e ás veces é demasiado tarde e os nenos morren", afirma. "Trato de crear conciencia na miña igrexa, especialmente ás nais, e explicarlles como poden vacinar os seus fillos para que non estean en risco".
Principal causa de morte
Osarampelo é unha das principais causas de morte entre os nenos menores de cinco anos en Chad. Ascomplicacións asociadas a esta enfermidade poden ser mortais, e son máis comúns entre os nenos máis pequenos. Entre as poboacións máis vulnerables, con altos niveis de desnutrición e falta de atención médica axeitada, como acontece en Chad, o 10% dos casos poden rematar en morte. Non obstante, a enfermidade pódese previr doadamente coa vacinación. Co apoio de UNICEF, os hospitais e os centros de saúde están a informar as comunidades sobre a importancia de vacinar os nenos contra o sarampelo. A Oficial de Saúde, Martine Batakira, construíu unha oficina móbil cun banco e unha caixa de cartón fóra do punto de vacinación no seu distrito de Amkounjara, chegando a inmunizar 6.800 nenos.
“os meus fillos non están nunca enfermos porque están vacinados”
Batakira ten cinco fillos e a súa familia foi un exemplo para a comunidade. Durante un brote de sarampelo, os membros da comunidade viron que os seus fillos non estaban afectados. Díxenlles que os meus fillos non están nunca enfermos porque todos están vacinados, afirma. Os pregoeiros tamén están xogando un papel fundamental para concienciar sobre a importancia da vacinación. EnLabroserie, un pregoeiro local,Mahaamt Kalala, usa un megáfono para anunciar as datas da campaña de inmunización en francés, árabe e a lingua local.Kalala traballa moi estreitamente co centro de saúde para concienciar sobre a importancia da inmunización nos centros. Leva 10 anos traballando de pregoeiro, e os pais da comunidade confían nel. "Antes, os pais negábanse a vacinar os seus fillos", dixo, " pero agora estamos a falar con eles para que os vacinen. Kalala ten 13 fillos, todos eles vacinados. "Eu sabía que podían morrer se non se lles protexía contra esta enfermidade e iso é o que lles digo ás familias para convencelos, engade.