Chamamento urxente: Europa debe protexer aos nenos refuxiados

10.000 nenos refuxiados e migrantes seguen en paradoiro descoñecido en Europa, mentres unha media doutros 1.000 nenos seguen chegando cada día pola ruta dos Balcáns Occidentais. Moitos deles exhaustos, angustiados.
 
 

 

Necesitan atención médica, alimento, auga, roupa e mantas para protexerse do frío e acubillo.  En moitos casos son detidos nas fronteiras durante horas, se non toda a noite, expostos ás inclemencias do tempo. Moitos non durmiron nunha cama desde hai semanas. Todos perderon alicerces da súa vida ao deixar o seu fogar: amigos, familiares, escola e estabilidade. 
 
Todo isto pon en evidencia a granvulnerabilidade de centenares de miles denenos refuxiados e migrantes no noso territorio:Europa. Por iso, hoxe, desde UNICEF e xunto a 6 organizacións de Infancia máis fixemos, no Congreso dos Deputados de Madrid, un chamamento urxente a protexer aos nenos refuxiados e migrantes.
 
 

CRISe DE REFUxIADOS: SOMOS TESTemuñaS DA "DESHUMANIZACIÓN" DA UE

"Estamos a ser testemuñas do que eu persoalmente cualifico como "deshumanización"da Unión Europea, ante a dramática situación que sofren os nenos refuxiadose migrantes que chegan a Europa. Son moitos os países que están a poñer trabas á acollida de nenos e nenas e descoidando a garantía dos seus dereitos", explicou o noso director executivo Javier Martos durante o acto.
 
Esta acción conxunta dirixímola especialmente á clase política para que se fagan "responsables" de atender e protexer a todos os nenos, e poñer fin ás causas que orixinan esta crise. Europa e os seus líderes teñen a obrigación legal, política e moral de brindar unha oportunidade xusta a estes miles de nenos e nenas.
 

10 CLAVES PARA PROTExER AOS NenOS REFUxIADOS EN EUROPA

As organizacións de infancia convocantes do acto propuxemos estedecálogo de medidas:
 
  1. Osnenos con familias e non acompañados deben ser unha prioridade en cada punto do camiño.
  2. A perspectiva dos dereitos de infancia e o principio do mellor interese do menor deben ser parte primordial da acción e política coordinada das autoridades e institucións para abordar a actual crise. 
  3. É necesario unPlan Europeo de Protección para os Nenos non Acompañados ou Separados das súas familias que garanta os seus dereitos para estar protexidos e á reunificación familiar.
  4. É moi importante que todos e cada un destes nenos sexanidentificados e rexistrados para saber en todo momento onde están, cales son as súas necesidades e como protexelos.
  5. Débese priorizar a loita contra trata mediante a adecuada identificación e protección das vítimas.
  6. Débense establecer e/ou fortalecer mecanismos de intercambio de información coordinados entre países, para garantir a debida protección dos nenos, especialmente dos que viaxan sós.
  7. Os nenos e as nenas non acompañados deben ser plenamente informados dos seus dereitos para reclamar asilo e áreunificación familiar
  8. Débese evitar en todo momento a detención dos nenos e nenas, independentemente do seu status migratorio ou o das súas familias.
  9. Débese garantir o acceso dos nenos e as nenas migrantes e refuxiados aossistemas de protección e saúde ao longo de toda a súa viaxe.
  10. Débese garantir o dereito á educación para todos os nenos refuxiados e migrantes en todas as fases da súa viaxe.
A acción conxunta levámola a cabo desde UNICEF co apoio de Axuda en Acción, Educo, Plan Internacional, Plataforma de Infancia, Save the Children eWorld Vision.