“Chámannos as enfermeiras do ébola. Ninguén quere achegarse a nós"

Por Jo Dunlop, consultor de UNICEF en Serra Leoa
 
A Unidade contra o Ébola do hospital do distrito de Kenema converteuse no que podería denominarse a "zona cero" do brote de ébola en Serra Leoa.
 
No hospital, que está cheo ata a súa capacidade, hai 45 pacientes con ébola, e é probable que se ocupen máis camas antes de que empecen a baleirarse. Tal e como dixo un funcionario sanitario: Non podemos deixar saír a ninguén, aquí é onde un vén se ten síntomas de ébola. Se nos vemos obrigados a iso, instalaremos máis camas".

Detrás do funesto valo de tea metálica e das lonas de plástico que rodean ao centro, encóntranse os heroes anónimos das accións de resposta: os traballadores sanitarios que arriscan as súas vidas para facer o seu traballo.

Dende que o pasado marzo apareceran os primeiros casos de ébolano distrito de Kenema, o hospitalperdeu 6 dos seustraballadores sanitarios pola enfermidade. Airmá Mbalu Fonnie, responsable do equipo de enfermaría neste centro de tratamento doébola, faleceu dúas semanas despois de contraer o ébola. A irmá Fonnie era un mentor, unhalíder e unha amiga para moitos.

A irmáNancy Yoko chora cando fala da súa compañeira, a irmá Fonnie. "Ela é a razón pola que sigo vindo aquí todos os días. Ela motivounos. Ímola botar moito de menos. Pero eu vou seguir vindo aquí por ela e polos outros compañeiros que caeron enfermos a causa do ébola".

Ensinoume moitas cousas, mesmo cando estaba enferma no leito. Dicíame como facer as cousas, nunca deixou" de "axudar", engade Nancy. O doutor Sheik Umar Khan, o únicovirólogo de Serra Leoa na vangarda daloita contra o ébolaen Kenema, tamén morreu por ao enfermidade.
 

BROTE DE ÉBOLA: TRABAllANDO SeN DESCANSO

Debido ao número de casosentre o persoal e a alta taxa dedeserción das enfermeiras que non están dispostas a correr o risco de expoñerse á enfermidade, hai unha abafadora escaseza de persoal sanitario no centro. "Non tiven un día de descanso dende hai meses", quéixase a irmá Nancy, quen, como a maioría das súas compañeiras, traballou en quendas de 12 horas todos os días.

Nesas condicións, os que se encontran na primeira liña corren un perigoaínda maior de contraer a infección. Cando se usan correctamente, os traxes de protección utilizados polo persoal que entra en contacto cos pacientes proporcionan unescudo eficaz contra o virus. Pero os traxes sonincómodos, con dous pares de luvas, unha máscara e unhas botas, e convértense nun forno baixo as temperaturas tropicais de Serra Leoa. Cando os traballadores sanitarios levan longas horas no pavillón, cánsanse e están menos atentos. Cometen erros que aumentan o risco de contraer o virus.

BROTE DE ÉBOLA: VÍTIMAS Do ESTIGMA

A pesar dos seus valentes esforzos e do seu compromiso inquebrantable, estas enfermeiras tamén son obxecto doestigma e do medo que caracterizaron á epidemia dende que se declarou en Serra Leoa. Coñécesenos como as enfermeiras do ébola. Ninguén quere achegarse a nós. As enfermeiras da Sala Xeral non queren falar connosco. Mesmo as nosas familias teñen medo de que lles infectemos co virus", denuncia a irmá Nancy.

Non obstante, ela continúa presentándose a traballar todos os días. "Non sinto medo. Son enfermeira. Eu estou a facer o meu traballo. Estamos capacitados para o sacrificio", engade.

Ademais de axudar nos esforzos de coordinación, UNICEFcolabora co Ministerio de Saúde e Saneamento de Serra Leoa, a Organización Mundial da Saúde (OMS) e outros aliados para apoiar a resposta médica e fortalecer a mobilización social e as mensaxes en torno á prevención para reducir a propagación desta enfermidade mortal.