Champions for Africa: 560.000 € pola supervivencia

A quinta edición do partido solidario Champions for Africa conseguiu máis de 560.000 euros grazas ás máis de 33.000 persoas que acudiron ao campo, a todos os que se uniron á Cadea Champions por internet ou por teléfono e á participación de máis de 60 xogadores que non quixeron faltar a esta cita deportiva en Sevilla.

Champions tiña dous obxectivos: a homenaxe dedespedida que o FCSevilla quixo ofrecer aKanouté, e sumarapoios para o traballo pola supervivencia infantilnun século XXI no que millóns de nenos atravesan grandes dificultades para superar o seu quinto aniversario e desenvolverse en todo o seu potencial.  
 

19.000 nenos menores de 5 anos morren cada día

Aínda que se conseguiu reducir a mortalidade infantil nun 41% nas últimas dúas décadas, aínda hoxe 19.000 nenos menores de 5 anos morren cada día por causas que podemos evitar, como o sarampelo, complicacións asociadas á desnutrición ou as enfermidades diarreicas. Máis de 33.000 espectadores gozaron dun evento solidario que ofreceu no estadio Sánchez Pizjuán deporte, diversión e compromiso cos dereitos da infancia máis vulnerable grazas a figuras comoFrédéric Kanouté, Roberto Soldado, José Antonio Reyes, Álvaro Negredo,Aitor Ocio, Dani Güiza ou Gaizka Toquero.
 

Programas de supervivencia infantil

A metade dos fondos conseguidos serán destinados aos programas de supervivencia infantil de UNICEF. Un traballo que se centra na prevención e tratamento da desnutrición infantil, a rehidratación oral en caso de diarrea, a promoción da lactación materna, a inmunización contra as enfermidades prevenibles ou a distribución de mosquiteiras para evitar o contaxio da malaria. Coa outra metade dos fondos, a Fundación Kanouté espera rematar a construción da Cidade dos Nenos de Sakina, situada aos arredores de Bamako, capital deMalí, e ampliar a capacidade das súas instalacións, que contan, entre outras, con aloxamento, escola, centro de saúde, centro de formación profesional e unha granxa. Este proxecto non tería sido posible sen o apoio incondicional do Sevilla FC, que xogou un decisivo papel grazas á súa xenerosa implicación, así como a Liga de Fútbol Profesional, a Asociación de Futbolistas Españois e o Consello Superior de Deportes.Champions for Africa contou este ano co apoio de Vodafone, como patrocinador oficial do partido. A organización deChampions for Africa quere agradecer tamén o apoio recibido por outros patrocinadores como Mobitargets, Below thegroup, Jarza.com; a empresa de comunicación on line Whatever; a marca de equipamento deportivo, Kappa;NH Hoteis; Alompe Autocares; Artai, Consultores de Seguros e Restaurante Robles.