Champions for Life: coñece as aliñacións definitivas do partido solidario do ano

Ata 66 xogadores da Liga BBVA xogarán o segundo partido solidario Champions for Life, este luns 29 de decembro (19.00 horas/La1 de TVE) no estadio Vicente Calderón. Coñece as aliñacións definitivas.

O obxectivo, este ano, é conseguir fondos para a loita contra oébola en África, unha epidemia que deixou máis de 10.000 nenos orfos e para proxectos sociais da Liga de Fútbol Profesional.


Os adestradores dos equipos que se enfrontarán no II Champions for LIfe son José Antonio Camacho, equipos do Leste, e Milinko Pantic, do Oeste. Camacho e Pantic contarán como axudantes conOnésimo Sánchez e o adestrador da AD AlcorcónPepe Bordalás.

As entradas están dispoñibles en 
www.entradas.com e no estadio vermello e branco dende as 10:00 horas e ata as 19.30 horas ininterrompidamente.