'Champions for Life': o 30 de decembro en Madrid
O estadio Santiago Bernabéu, en Madrid, acollerá o próximo 30 de decembro o partido solidario Champions for Life, grazas ao acordo entre UNICEF Comité Español e a Fundación do Fútbol Profesional (FFP).
Championsfor Life será un encontro entre dúasseleccións da Liga de Fútbol Profesional (LFP). No partido participará un xogador destacado de cada un dos clubs que integran a Liga BBVA e aLiga Adelante. Por parte de UNICEF Comité Español, os fondos conseguidos nesta edición de Champios forLife destinaranse agarantir o principal dereito de todos os nenos: asupervivencia. UNICEFtraballa en programas de saúde, auga, saneamento e nutrición para lograr que os nenos crezan e poidan desenvolver todo o seu potencial. A taxa de mortalidade infantil é un dos principais indicadores da pobreza e o grao de desenvolvemento dun país. O número de mortes de nenos menores de cinco anosdiminuíu a case a metade dende 1990: de case 12 millóns a menos de 6,6 millóns en2012. Durante os últimos 22 anoso mundo salvou unhas 90 millóns de vidas que doutra forma se poderían ter perdido. Aínda así, a cifra é moi alta: 18.000 ao día. E o que é máis difícil de comprender: as causas pódense evitar con medidas sinxelas e pouco custosas, eUNICEF sabe como facelo. Mentres, a FFP destinará os fondos obtidos aos programas sociais e humanitarios que leva a cabo..
CONVENIO ENTRE UNICEF ESPAÑA e A LFP
A sede da LFP acolleu a firma do acordo de renovación do Convenio de Colaboración entre aFFP e UNICEF Comité Español. En virtude deste acordo,celebrarase, durante os próximos tres anos, o partido solidario Champions forLife. O acto estivo presidido polo presidente da LFP, Javier Tebas, e pola presidenta de UNICEF Comité Español, Consuelo Crespo. Consuelo Crespo explicou que "co balón facemos milagres" e certificou que "cos fondos obtidos nestes partidossalvamos vidas e facemos que os nenos saian adiante. Conseguimos resultados reais e palpables". Así mesmo destacou "a notoriedade do fútbol e os seus valores de disciplina, esforzo, convivencia, saber gañar e perder", vitais para o desenvolvemento do neno. Ademais, considerou que a "difusión destes valores son tamén fundamentais para a sociedade e fana mellor". Pola súa banda, Javier Tebas agradeceu a UNICEF Comité Español "a posibilidade que nos ofrece de axudar á infancia e de facer visible a nosa preocupación social". "Os nosos clubs teñen a moitos nenos nas súas canteiras e escolas, onde lles inculcan todos os valores do fútbol e tamén a xogar por xogar como unha parte fundamental do desenvolvemento da infancia", recordou. Finalmente, agradeceu a colaboración do Real Madrid pola cesión das súas instalacións, así como a do resto de clubs e dos propios xogadores que participarán no partido solidario Champions forLife. Seguro que estarán presentes os mellores futbolistas dispoñibles".