Chile enfróntase ás consecuencias do terremoto
O pasado 2 de abril Chile sufriu un terremoto de 8,2 graos.
UNICEFestableceu os primeiros contactos coas contrapartes para poñer en marcha a avaliación da situación dos nenos na zona afectada e está a coordinar unha resposta humanitaria a nivel local. Ademais UNICEF está a traballar coMinisterio de Saúde e Educación para distribuírmaterial sobre como actuar en situacións de emerxencia, que será enviado ászonas afectadas. Minutos despois do terremoto, UNICEFChile publicou nas súas redes sociais material informativo para orientar as familias sobre como manexar este tipo de situacións. Estes consellos e recomendacións céntranse en áreas prioritarias como o saneamento, a saúde mental e o apoiopsicoemocional.
os servizos básicos funcionan de novo
Tras o terremoto a presidenta chilena, Michelle Bachelet, declarou o estado de excepción por catástrofe nas rexións de Arica - Parinacota eTarapacá ante a alerta de tsunami e a posibilidade de réplicas. Doce horas despois do sismo a subministración eléctrica volveu ás zonas afectadas, e máis do 50% dos servizos básicos restablecéronse en Arica e un 30% en Iquique. Ademais, os 11 centros hospitalarios evacuados despois do sismo volveron á súa actividaderutineira e as escolas das zonas afectadas están a ser avaliadas para analizar os danos. O sismo deixou seis mortos e un total de 972.457 persoas evacuadas en todo o país.