China: 26.000 nenos afectados polo terremoto
Un total de 26.000 nenos, do municipio de Lushan (provincia de Sichuan, sueste de China), encóntranse seriamente afectados polo terremoto de 7 graos na escala de Richter que asolou a zona o pasado sábado.
Segundo as últimas cifras oficiais, hai máis de190 mortos e máis de 12.000 feridos. Os equipos de salvamento do Goberno acaban de chegar ás comunidades remotas afectadas polo sismo e empézase a coñecer con máis detalle ata onde chega o nivel de devastación.
UNICEF está a actuar coas autoridades
chinesas para intensificar e acelerar os esforzos en
materia de nutrición, hixiene e saneamento, saúde materna e
infantil, e protección e benestar.
Este luns, co apoio deUNICEF Hong Kong, a organización
asignou 75.000 dólares (uns 58.000 euros) paraequipamento obstétrico de emerxencia e de saúde
neonatal nos ambulatorios locais.
Algunhas das comunidades
damnificadas polo sismo tamén víronse afectadas poloterremoto deWenchuan en 2008. Por
iso, témese que os nenos poidan revivir o traumaque sufriron hai cinco anos.
"O Goberno de China está
a facer un esforzo impresionante paraatender as necesidades máis urxentes en resposta a
este poderoso terremoto (...) Taménestamos impresionados por ao apoio inmediato e xeneroso da
sociedade civil e o sector privado", indicouGillian Mellsop, a Representante deUNICEF China.
"Os nosos pensamentos
deben centrarse sobre todo nos nenos cuxas vidas se viron
estragadas. Necesitan o noso apoio urxente e intelixente
co obxecto de que se recuperen dos traumas que sufriron ",
engadiu.
ESPAzOS AMIGOS DA INFANCIA
Tamén prestará apoio aos equipos móbiles de expansión do benestar infantilnas comunidades veciñas para axudar a que os nenos vulnerables teñan acceso aos servizos dispoñibles.
Despois do terremoto deWenchuan de 2008, UNICEF e o NWCCWestableceron 40 Espazos Amigos da Infancia en toda a zona do sismo, incluíndo dous no municipio de Lushan.
Os Espazos Amigos da Infancia son ámbitos onde os menores poden aprender e xogar seguros, para así ter a oportunidade de regresar o antes posible á normalidade. Nestes espazos, os nenos adquiren aptitudes prácticas para a vida e reciben o apoio psicosocial que necesitan. Ademais, levan a cabo actividades lúdicas para superar os traumas causados polas situacións que tiveron que vivir coa emerxencia.
En colaboración cos seus interlocutores gobernamentais, UNICEFtamén se está a preparar para dar apoio aos servizos de saúde materna e infantil en 34 ambulatorios locais, áscampañas de inmunización contra o sarampelo, as papeiras, a rubéola e a hepatite; así como subministrarasistencia alimentaria, kits de hixiene e latrinas móbiles.