Chuvia e risco de enfermidades en Somalia
As esperadas chuvias Deyr chegaron finalmente á rexión centro-sur de Somalia. A pesar de ser unha boa noticia para os habitantes da rexión, as chuvias poñen en risco a poboación, xa debilitada pola fame e a desnutrición. UNICEF está a traballar para evitar brotes de enfermidades transmitidas pola auga como a malaria e a cólera.
As chuvias repentinas están a ter un impacto desvastador en varios campamentos de desprazados internos deMogadiscio. As chozas improvisadas, que serven de vivenda principal para centos de miles de refuxiados somalís, están feitas de papel de polietileno, paus e cartón, materiais, que non poden soportar as chuvias. Como consecuencia, miles quedaron á intemperie.
Risco de malaria e cólera
Ademais, existe un maior risco de enfermidades transmitidas pola auga, como a malaria, a cólera ou a diarrea aguda. Nos campamentos localizados no barrio Soona-Key do distrito de Hodan en Mogadiscio, moitos refuxios foron completamente arrasados e provocou a morte de varios nenos que quedaron á intemperie. Un pai inconsolable fala de como perdeu a todos os seus fillos. "Os meus últimos dous fillos morreron de frío e fame", afirma solemnemente. "Como os outros cinco antes ca el".
a desnutrición agrava o risco de contraer enfermidades
Moitos outros campamentos, como o situado no barrio de Hamar-Bille, no distrito Wardigley, están a sufrir as consecuencias das chuvias, coa poboación sen roupa de abrigo nin mantas para protexerse do frío. O impacto das chuvias é aínda peor se se ten en conta a alta prevalencia de desnutrición nos campamentos de Mogadiscio. De acordo co informe sobre Somalia da Unidade de Análise de Seguridade Alimentaria e Nutrición, amedia da prevalencia de desnutrición no sur do país é do 36,4% e a de desnutrición aguda severa, do 15,8%.A desnutrición debilita as defensas, o que fai os nenos particularmente vulnerables ao frío e outrasenfermidades provocadas pola chuvia e asinundacións.
UNICEF e os seus aliados están a preparar a resposta
Estímase que 2,5 millóns de persoas en Somalia están en risco de contraer malaria polas chuvias. Para previr unha potencial epidemia,especialmente entre os
nenos desnutridos e os desprazados internos, UNICEF, xunto a OMS e os aliados, están a ampliar as súas respostas .Como resposta, se
dotará ás clínicas médicas de 560.000 doses de
medicamentos para combater a malaria e un millón de probas
de diagnóstico rápido.
Ademais, nos campamentos de desprazados de Mogadiscio, onde as mosquiteiras non son
prácticas, realizarase unha primeira rolda de rociamiento de interiores con spray, que cubrirá45.000 fogares durante o próximo mes. En marzo e
abril, realizarase unha segunda rolda.
Os aliados están a sensibilizar a poboación sobre a malaria, como se transmite, como previla e onde buscar axuda para o seu tratamento. Adicionalmente, durante as próximas semanas vanse distribuír entre os fogares máis de 280.000 mosquiteiras tratadas con insecticida de longa duración nas rexións afectadas pola seca de Hiran, Lower eMiddle Shabelles, e Lower e Middle Jubasno centro-sur de Somalia. Isto súmase ás 79.000 mosquiteiras xa distribuídas dende xullo.