Ciclón en Vanuatu: chegan subministracións vitais de auga, hixiene e saneamento
As necesidades máis inmediatas dos 60.000 nenos afectados polo ciclón tropical Pam en Vanuatu son o acceso a auga, hixiene e saneamento axeitados, xunto co alimento e o refuxio.
Por iso, dende UNICEF,
en estreita colaboración co Goberno e os seusaliados no sector de Auga e
Saneamento, estamos a traballar nos desafíos loxísticos,
de comunicación e de subministración, para chegar sobre todo ás
comunidades e centros de evacuación das provincias
de Shefa e Tafea,
onde o 60% da poboación non ten acceso a auga
potable.
Como resposta inmediata, UNICEF entregou subministracións de auga e saneamento (colectores de auga, pastillas potabilizadoras e pastillas de xabón) ao goberno provincial de Tanna, que xa se están a distribuír para beneficiar a máis de 5.000 nenos.
Ademais, hai preparados máis artigos por valor duns 700.000 dólares (uns 655.500 euros) para alcanzar 70.000 persoasmáis.UNICEF tamén dará apoio aos aliados de auga e saneamento con xeradores, combustible e transporte de auga.
"Miles de familias afectadas non teñen acceso a auga debido áfalta de electricidade para que funcione a subministración de auga por canalizacións, as augas subterráneas contaminadas e a destrución dasinfraestruturas para recoller a auga de chuvia", afirmou a Representante de UNICEF Pacífico, Karen Allen.
"Para nós é fundamental poder proporcionar auga potable aos nenos vulnerables e as súas familias. A auga é un recurso vital para os nenos neste momento difícil e estamos a facer todo o que podemos para responder a esta necesidade urxente", agregou.

CICLÓN PAM EN VANUATU: RIScO DE ENFERMiDADES
De feito, se non se proporcionan rapidamente uns servizos axeitados
de auga e saneamento aos nenos e as súas familias, o risco dediarrea, cólera e outros brotes de
enfermidades é alto.
Como líder global do sector de Auga e Saneamento, UNICEF está a apoiar o Departamento de Xeoloxía, Minas e Recursos Hídricos conavaliacións sobre o terreo, priorización denecesidades humanitarias, distribución desubministracións, reconexión de servizos encentros de evacuación e comunidades, e acoordinación total da resposta.
Se podes, axuda aos nenos atrapados en emerxencias.