Ciclón Pacífico: "este desastre podería ser un dos peores na historia da rexión"

O super ciclón tropical Pam impactou en Vanuatu onte á noite e esta madrugada tivo un impacto inicial nas Illas Salomón.

A tormenta alcanzou a súa máxima intensidade na noite do venres con ventos na rexión central dunha media de 250 a 270 quilómetros por hora, con refachos de 340 quilómetros por hora.

As liñas eléctricas caeron e as comunicacións son limitadas, a especialista de Comunicación de UNICEF Pacífico, Alice Clements, de orixe neozelandesa, dixo dende a súa base de Port Vila, "está claro que a forza de super ciclón Pam é moito peor do que se prognosticara inicialmente. Esta será sen dúbida unha catástrofe para a poboación de Vanuatu"


"Vin as portas corredizas do meu cuarto de hotel de tres pisos totalmente arrancadas, foi aterrador".

"Temos algúns informes aínda sen confirmar sobre damnificados nas illas de arredor tamén, pero estamos á espera de de obter a confirmación oficial, sería unha triste noticia se isto é certo"
 

a tormenta podería ter resultados devastadores para miles de persoas

A directora executiva de UNICEF en Nova Zelandia, Vivien Maidaborn, dixo: "Aínda que é demasiado pronto para dicilo con certeza, os primeiros informes indica que este desastre climatolóxico podería potencialmente ser un dos peores na historia do Pacífico"

"A forza da tormenta, combinada cunhas comunidades que non están preparadas para soportala, podería ter resultados desvastadores para miles de persoas en toda a rexión".

"Nestes momentos as maiores preocupacións de UNICEF están en garantir que a poboación teña un lugar seguro para refuxiarse, xa que moitas persoas perderon por completo os seus fogares ou estes sufriron un dano inmenso. "

Tamén se espera que haxa danos significativos nas infraestruturas e vivendas, o que vai causar o desprazamento temporal dun gran número de nenos e as súas familias. Como as escolas a miúdo son utilizadas como centros de evacuación, a educación tamén se verá afectada de xeito significativo".

Maidaborn engadiu, "Outra preocup
ación importante neste punto está en torno ao acceso a auga limpa e segura. Os cortes de enerxía terán un efecto dramático no acceso á auga que comezará a ser escaso moi rapidamente. As enfermidades transmitidas pola auga como consecuencia da tormenta tamén son unha enorme preocupación".
 
UNICEF está a traballar coas Oficinas Nacionais de Xestión de Desastres (NDMOs) en Vanuatu, Fiji e as Illas Salomón para ofrecer apoio na preparación e resposta a esta emerxencia sobre todo nas áreas de auga, saneamento e hixiene (WASH), nutrición, saúde, educación e protección.

Maidaborn
 engadiu, "actualmente temos aberto o noso Fondo de Emerxencias e manterémonos en estreito contacto cos gobernos do Pacífico co fin de proporcionar apoio adicional se é necesario".

"Mentres seguen chegando actualizacións e avaliacións dos nosos colegas, estamos en espera para lanzar nosa peticións de fondos para que os neozelandeses poden botar unha man aos nosos veciños do Pacífico que o necesitan. "