Ciclón Pacífico: UNICEF en alerta ante a chegada de 'Pam' a Vanuatu
UNICEF encóntrase en estado de alerta para apoiar o Goberno de Vanuatu ante o superciclón Pam, que acaba de tocar terra en Vanuatu. Unhas 260.000 persoas poderían resultar afectadas.
Esta tormenta de categoría 5, a
maior cualificación posible, está a azoutar a pequena nación
insular con refachos que alcanzan os 265 quilómetros por
hora. Pam diríxese
agora cara á poboada illa
de Efate,
que inclúe a capital Port
Vila.
Vanuatu está en alerta vermella, o que significa que calquera persoa debe buscar refuxio inmediatamente. O Goberno de Vanuatu acaba de emitir unha advertencia por chuvias torrenciais, inundacións, deslizamentos de terra e posiblestempestades no mar.
"Estamos comprometidos a axudar os nenos e as súas familias, mentres se preparan para un dos ciclóns máis graves. UNICEF lidera o cluster (grupo de traballo) de Auga, Hixiene e Saneamento, e traballa en estreita colaboración cos seus aliados (o Ministerio de Saúde, a Rede de Subministración de Augas Rurais, Cruz Vermella de Vanuatu, Cruz Roja Francesa, a Organización Mundial da Saúde, ADRA, World Vision e Oxfam) para coordinar as actividades relacionadas con auga, hixiene e saneamento que apoiarán e complementarán os esforzos do Goberno," sinalou a vice-representante de UNICEF Illas Pacífico, Isabelle Austin.
Así mesmo, engadiu que UNICEF tamén está "a apoiar un enfoque holístico para a preparación e resposta de emerxencia garantindo que a axuda se proporcione aos clústeres de nutrición, saúde, educación e protección".
O Goberno de Vanuatu puxo en marcha preparativos e plans ben organizados, e implicou os seus aliados humanitarios, como UNICEF, para a fase de preparación e resposta.
UNICEF tamén permanece en alerta para prestar apoio a outros países insulares do Pacífico --Estados Federados de Micronesia,Kiribati, Tuvalu, República das Illas Marshall, Illas Salomón e Fiji--, que tamén están a sufrir as inclemencias climáticas.